Entries tagged with “Pedro Álvarez de Soutomaior”.


Co nome de Gallaecia os romanos designaban unha província que englobaba a actual Galiza (aproximadamente o convento lucense), o norte de Portugal (bracarense) e o que hoxe e Asturias e León (asturicense). León (Legio) era o campamento militar da Gallaecia.

(máis…)

Despois da vitória dos señores sobre as irmandades, o seu poder restabeleceu-se momentáneamente, pero as condicións estaban experimentando transformacións decisivas, no camiño da centralización política feudal: un poder monárquico forte e unha indiscutíbel hexemonia socio-económica da alta aristocrácia, que depositaba no nacente Estado Moderno as atribucións políticas e militares, pero reforzaba as económicas e xurisdicionais. Este programa aparece xa esbozado na paz dos Toros de Guisando (1468), pero ponse en execución imediatamente despois da morte de Enrique IV (1474), orixinando-se unha guerra sucesória entre os partidários da sua filla (Xoana La Beltraneja, apoiada por Portugal) e os da sua irmá (Isabel, por Aragón).

(máis…)