Entries tagged with “Pardo de Cela”.


Algúns apuntes extraídos dunha entrevista de A Nosa Terra ao historiador Anselmo López Carreira co gallo da publicación da súa obra O reino medieval de Galicia.
(máis…)

“O Marechal Pero Pardo de Cela Aguiar e Ribadeneyra” (o bretoñés defensor da soberanía do Reino de Galicia) naceu en Castro d’Ouro. Era fillo dunha das máis nobres linaxes do Reino de Galicia, os Señores de Cela e de Violante de Aguiar. Intimo amigo dos Condes de Monterrei e de Lemos, casou con Dona Isabel de Castro, filla da Condesa Beatriz e de Don Pedro de Osorio, vencellándose así cos poderosos Condes de Lemos e con outras importantes linaxes do Reino de Galicia.

(máis…)

O Marechal Pero Pardo de Cela foi condenado a execución pública, logo de ser prendido o 7 decembro 1483 tras 3 anos de belixerancia militar contra os Reyes Católicos, en Mondoñedo, que daquela era a rebelde capital de provincia do Reino de Galicia. Foi apresado xunto ó seu fillo e ó nobre e leal Señor Pero de Miranda. As tropas de Isabel A Católica tomaron a fortaleza da Frouxeira (morada de Pardo de Cela) debido á traizón dos seus servos…

(máis…)

Despois da vitória dos señores sobre as irmandades, o seu poder restabeleceu-se momentáneamente, pero as condicións estaban experimentando transformacións decisivas, no camiño da centralización política feudal: un poder monárquico forte e unha indiscutíbel hexemonia socio-económica da alta aristocrácia, que depositaba no nacente Estado Moderno as atribucións políticas e militares, pero reforzaba as económicas e xurisdicionais. Este programa aparece xa esbozado na paz dos Toros de Guisando (1468), pero ponse en execución imediatamente despois da morte de Enrique IV (1474), orixinando-se unha guerra sucesória entre os partidários da sua filla (Xoana La Beltraneja, apoiada por Portugal) e os da sua irmá (Isabel, por Aragón).

(máis…)

Fillos de Galicia quere achegar a tódolos descendentes de galegos un pouquiño da nosa historia, do noso pasado común, que os nosos pais e avós na maioría dos casos non nos puideron trasmitir pola escasa e parcial educación recibida. O seguinte repaso á historia de Galiza foi extraído de “Aproximación á leitura do Sempre en Galiza” por Manuel Rei Romeu, no Caderno de debate nº3 de Galiza Nova “Castelao, o Sempre en Galiza e o nacionalismo galego”. Por suposto recomendámovos a leitura do “Sempre en Galiza” de Castelao, un libro fundamental para coñecer a nosa historia e os alicerces do pensamento galeguista.
(máis…)