Receita: Arroz con bacallau
Ingredientes
- 400 g de bacallau esmigallado
- 300 g de arroz
- Caldo de bacallau
- 1 cebola
- 1 pemento verde
- 1 pemento vermello asado
- 1 tomate maduro
- 1 dente de allo
- 2 poliñas de perexil
- ½ limón
- 1 ovo cocido
- 50 ml de aceite de oliva
- Sal
Descrición
- Desalgámo-lo bacallau durante 12 horas en auga dentro da neveira cambiando dúas veces de auga.
- Limpamos e picámo-las verduras moi miúdas: cebola, pemento verde, allo e tomate.
- Nunha paella, pota baixa, ou tixola ampla botámo-lo aceite e refogámo-las verduras a fogo baixo ata que amolezan.
- Logo disto engadímo-lo arroz e refogámolo coas verduras.
- Engadimos o zume do limón e botamos a caldo de peixe ben quente. (a medida, en volume, de caldo de peixe é o dobre maila metade do volume de arroz)
- Engadímo-lo bacallau cortado en anacos pequenos, salgamos e despois de remexer cunha espátula de madeira para repartilo e ordenalo deixámolo cocer a fogo lento polo decurso de 20 minutos.
- Pasado ese tempo afastámolo do lume e adornámolo con tiras de pemento vermello e o ovo cocido cortado en cuartos; por último esparexemos un pouco de perexil picadiño por riba.
- Tapámolo cun pano de cociña húmido e deixámolo repousar 5-10 minutos antes de servilo.
Tempo: 40 minutos
Comensais: 4
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.