Entries tagged with “Otero Pedraio”.


Ramón Flores d’as Seixas explícanos neste artigo o porqué desta doble denominación para o noso país.
(máis…)

O pobo galego é un pobo bíblico: todas as maldicións do antigo testamento semellan ter caído sobor dil, e singularmente a que dá o seu nome ao segundo libro. Dende un punto de vista demográfico, a emigración galega ven sustituir, no ciclo moderno, a función desempeñada no ciclo antigo pola mortalidade catastrófica -pestes, guerras e fames, frecuentemente ensarilladas. Dende un punto de vista económico, a emigración galega representa un dobre e constante desaxuste, por unha banda, antre a presión demográfica e a estructura do sistema produtivo; por outra banda, antre a capacidade de xeneración de escedente polo sistema e o uso ou destino do escedente realmente xenerado. Dende un punto de vista social, a emigración galega constitúe a manifestación masiva dunha forma de escravitude que pervive deica o noso século. Dende un punto de vista ético, a emigración galega siñifica a negación constante do dereito máis elemental da persoa: o dereito á propia vida no propio país. Dende todos iles, a emigración galega supón a renuncia á revolta.

(máis…)