Entries tagged with “noz”.


Queixo brando con marmelo (2)

Ingredientes:

* 4 rebandadas de pan

* 150 g de queixo fresco

* 100g de marmelo

* 2 Noces

* Fariña

* 1 ovo

* Pan relado

* aceite de oliva

* Sal

* Marmelada de amoras silvestres

Descrición:

  1. Cortámo-lo queixo mailo marmelo en lascas de 4×4 cm. e de 1/2 cm. de groso
  2. Esnaquizamos as noces en anacos pequenos cun coitelo
  3. Torrámo-lo pan un chisco.
  4. Pomos unha lasca de queixo, unha de marmelo e tapamos con outra de queixo e envolvemos todo con fariña ovo e pan relado.
  5. Logo de fritilo en aceite ben quente e abondoso pómola a escorrer sobre papel absorbente
  6. Montámo-la tapa pondo enriba do pan o queixo fritido e enriba a marmelada e as noces esnacadas.

Notas:

  • Pódese empregar ben queixo fresco de vaca, de cabra ou de ovella; o de cabra e ovella teñen un sabor máis forte a queixo e son máis gorentosos.
  • En vez de noces pódense empregar piñóns torrados: Tórranse os piñóns nunha tixola con algo de aceite de oliva

Tapas: 4

Tempo: 15 minutos

Queixo brando con marmelo (1)

Ingredientes:

* 4 rebandadas de pan

* Queixo fresco

* Marmelo

* Marmelada de arandos

* 2 noces

Descrición:

  1. Cortámo-lo queixo en triángulos de 1 cm. de groso e o marmelo de ½ cm. de groso, de tal maneira que o triángulo de marmelo sexa un chisco máis pequeno de xeito que o pólo enriba do triángulo de queixo o triangulo de marmelo quede concéntrico.
  2. Esnaquizamos as noces en anacos pequenos cun coitelo
  3. Montámo-la tapa pondo enriba do pan un triángulo de queixo, enriba deste outro de marmelo e enriba do marmelo un chisco de marmelada e enriba de todo un pouco de noz esnacada.

Notas:

  • Pódese empregar ben queixo fresco de vaca, de cabra ou de ovella; o de cabra e ovella teñen un sabor máis forte a queixo e son máis gorentosos.
  • En vez de noces pódense empregar piñóns torrados: Tórranse os piñóns nunha tixola con algo de aceite de oliva

Tapas: 4

Tempo: 10 minutos

Receita: Montadiño de queixo de cabra

Ingredientes

  • 2 boliños pequenos de pan
  • Queixo de cabra en rulo
  • 50 g de fígado de pato
  • 1 noz
  • Marmelada de amoras
  • 1 cebola

Descrición

1.      Cortámo-la cebola en xuliana (tiras)  e facémola á fogo baixo ata que acaramele.

2.      Montámo-la tapa pondo enriba do pan que torramos un chisco, unha cama de cebola, unha roda de queixo, máis un pouco de fígado de pato,  por riba de todo un chisco de marmelada e adornamos con un ¼ de noz.

Notas

• Para facer estas tapas tamén podemos empregar de base un pan estreito tipo “baguette”,que cortaremos un pouco á esgallo.

Tempo: 15 minutos

Tapas: 4

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.

1. cando estea branda engadimos o azucre e deixamos facer ata que acaramele.

Cortámo-los boliños pola metade, torrámolos un chisco nunha tixola e montámo-la tapa