Entries tagged with “noite de San Xoán”.


Aos contidos etnogŕaficos que levamos publicados nestes anos sobre os ritos do lume en Galiza relacionados coa noite de San Xoán e outras (A noite de San Xoán para os galegos, A noite de Sanxoán: lume, auga e herbas, Mitos e cosmovisión: A importancia do lume na cultura galega, etc.) engadimos hoxe este capítulo do famoso libro de Xosé Neira Vilas Memorias dun neno labrego, onde se fai unha fermosa descrición literaria dalgúns destes ritos.
(máis…)

Aínda que os nosos antergos só tiñan dúas estacións, inverno e verán, e esta derradeira comezaba entorno ao 1º de Maio (festa do deus Bel, actualmente denominada Os Maios) e duraba ate o 1º de Novembro (o Xahún, coñecido aínda hoxe en moitos países pero baixo outra denominación: Hallowe’en), na noite de San Xoán (23 a 24 de Xuño) tamén se conservan tradicións relacionadas co sol, co lume, co verán…
(máis…)