Roliño de xamón recheo de champiñóns e necora

Ingredientes:

  • 4 lascas cadradas de xamón (uns 2 mm de groso)
  • 1 nécora
  • 50 g. de champiñóns
  • 2 ovos
  • 4 rebandadas de pan
  • Vinagre de Módena
  • Maionesa
  • Fariña
  • Ovo
  • Aceite
  • Sal

Descrición:

  1. Cocémo-la nécora en auga sen sal 5 minutos, sacámola e logo de arrefriala en auga sacámoslle a carne que reservamos; tamén reservamos medio vaso da auga de coceren.
  2. Picámo-los champiñóns miúdos e facémolos nunha tixola con aceite engadindo tamén o medio vaso da auga de coceren.
  3. Cando consuma a auga engadimos a carne da nécora e pomos a punto de sal. Engadimos logo os 2 ovos lixeiramente batidos e facemos un revolto.
  4. Pomos en cadansúa lasca de xamón unha culler de revolto e logo enrolámolas.
  5. Rebozámo-los rolos en fariña e ovo e fritímolos en abondoso aceite quente.
  6. Deixámolos escorrer o aceite en papel absorbente e pómolos enriba dunha rebandada de pan, decorados cunha redución de vinagre de Módena e un fío de maionesa. Espetamos cun pauciño.

Nota:

  • Podemos empregar para facela máis barata pauciños de “chatka” artificial en troques da necora.

Tempo: 20 minutos

Tapas: 4