Entries tagged with “morte”.


Se Deus, que non existe, il existira
e baixara do mundo a esta ancha terra
de doencia e de morte que me aterra
onde habita somentes a Súa ira;

se Deus, que n-é, baixase ó mundo triste,
redondo como bágoa criminal,
pedíralle eu resposta do meu mal
e dos males do mundo en que il insiste.

Como a un nazi culpable o esganaría
por seus crimes de amo vil, cobarde.
Non sei entón o que ise Deus diría.

Mais sei que se me falan de ise dono
da tortura, do lume que en nós arde,
estanme a falar soio dun mal sono.

Fonte: BVG

cando a morte te leve polos recónditos vieiros
do ilímite universo
e o celeste segredo no teu corpo se revele
definitivo como nudez
contempla sen tristeza
as criaturas que ainda se despen
con rumor de gazela secreta

cando todo
sexa para ti a extrañeza
de non saber por que
foste xerada para ser extinguida alén do tempo,
sente o vento no pasto como un abrazo vello
lembra as rotas do azul como un novo regreso
para acaso nacer

no vastísimo horto
do firmamento
na derivasen lindes
dunha criación mais vasta que o teu vello desexo
non te esquezas
de gozar de ser livre   de sentir outra vez
a luz desesperada e demente
do ébrio deus da saeta
desenterra-me do tempo

inícia-me      regresa-me

dá-me o ser.

Fonte: BVG

Segundo Murguía, a morte é o vencello misterioso e invisible das almas, unidas polos íntimos afectos que aquí no mundo as xuntaron. É o limiar dunha nova vida, que representa a vida eterna, sen medo á morte que non virá endexamais.
(máis…)

O día 29 de xullo celébrase, cada ano, a festa de Santa Marta. En Ribarteme, en terras pontevedresas ribeiranas do Miño, faise unha romería á que chaman a romería dos resucitados. Os enfermos, ás portas da morte, ofrécense a acudir á romería de Santa Marta de Ribarteme se sanan da súa enfermidade. (Un artigo de Luis Muiño)
(máis…)

Ele era un vello, moi velliño, que tiñalle gañado moito medo a morte, e tanto era o que cavilaba como viría e a que hora podería chegar, que disque nen tiña xor, nen era vivir como ele vivía.
(máis…)