Entries tagged with “Masa de follado”.


Milfollas recheas de cogomelos

Ingredientes:

  • Masa de follado

Para o recheo:

  • 50 g de Cogomelos
  • 1 cebolas brancas
  • 1 dente de allo
  • ½ pemento verde doce
  • 50 g de queixo de untar (terrina)
  • Aceite
  • Sal

Para o prebe:

  • 10 g de queixo azul
  • ½ culler manteiga de leite
  • 50 g de nata líquida
  • Salsa Perrins ou vinagre de Módena
  • Brandy

Descrición:

Facémolo recheo:

  1. Amolecemos nunha tixola tapada a fogo baixo as cebolas, o allo mailo pemento verde picados miudiños cun chisco de aceite e sal.
  2. Cando estea brando engadinos os cogomelos cortados en cadrados e deixamos facer ata que perdan a auga que soltan.
  3. Engadimos o queixo e ligamos a farsa.

Facémo-lo prebe:

  1. Nunha tixola a fogo baixo desfacémo-lo queixo azul maila manteiga.
  2. Engadímo-la nata e unha gotas de salsa Perrins
  3. Concentramos un pouco e engadímo-lo brandy.
  4. Flamexamos e deixamos reducir para espesar

Montámo-lo prato

  1. Cortamos 4 anacos de masa de follado de aproximadamente 8 x 8 cm e facémolos ó forno quente a 180 ºC ata que suban e douren un chisco. Deixamos arrefriar e abrímolos a metade
  2. Pómolo recheo entre as dúas metades dos milfollas e presentámolos no prato regadas co prebe.

Tempo: 20 minutos

Tapas: 4

Milfollas con champiñóns

Ingredientes:

  • Masa de follado
  • 100 g de champiñóns
  • ¼ de pemento asado (piquillo)
  • 10 g de fígado de pato
  • 2 culleres de nata
  • 1 chisco de pementa negra moída
  • 1 cebola mediana
  • 1 culler de azucre

Descrición:

  1. Cortámo-la masa de follado en anacos de uns 8 x 5 cm. e metémolos ó forno quente a 180ºC ata que estean feitos e dourados. Reservamos.
  2. Limpamos ben os champiñóns e cortámolos en lascas e facémolos a prancha, ou nunha tixola, cun chisco de aceite.  Engadimos o pemento asado cortado en anaquiños para darlle un toque de cor. Salgamos e reservamos
  3. Botámo-la nata maila pementa moída ó gusto nunha tixola, pómola ó lume, deixámolo reducir ata que espese un chisco e mesturámola logo cos champiñóns. Reservamos.
  4. Picámo-la cebola en medias lúas e acaramelámola nunha tixola con aceite e azucre a fogo medio.
  5. Cando xa estea acaramelada, é dicir cando estea branda e teña cor dourada, afastámola do lume e reservámola.
  6. Coa punta dun coitelo facemos un burato duns 4 cm de diámetro, sen chegar ó fondo das milfollas e reservámo-la tapa.
  7. Enchemos este burato coa mestura de champiñóns e nata, pomos un anaco de fígado entre eles e pomos tamén por riba a cebola acaramelada.
  8. Adornamos cravando a tapa nun lado do recheo.

Nota:

  • Esta tapa admite marmelada de froitos vermellos e froitos secos como noces, abelás e améndoas.

Tempo: 20 minutos

Tapas: 4