As culturas, como as persoas, constrúen a súa identidade por oposición: o propio afírmase por diferenciación verbo do alleo. Dentro deste paradigma, o carnaval é un subsistema que se define por oposición á norma. O que fai é representar de forma dramatizada, coas súas máscaras e comportamentos peculiares, a oposición entre o home e o animal, entre o espírito e o corpo, entre a cultura e a natureza. Cada aldea, cada parroquia, cada comunidade afortala a súa identidade colectiva mediante a representación de algo que se pretende exclusivo de seu. Esta representación teatralizada esixe a participación de todos, non debe haber espectadores, de aí o hostigamento a que se somete en todas partes ós que miran desde a beira do camiño.
(máis…)
Entries tagged with “Martes de Entroido”.
Xov 1 Abr 2004
O entroido en Galicia (I)
Posted by casdeiro under Etnografía do pobo galego
Comentarios desactivados en O entroido en Galicia (I)
Xov 1 Abr 2004
O Entroido en Galicia (e IV): Gastronomía
Posted by casdeiro under Etnografía do pobo galego
Comentarios desactivados en O Entroido en Galicia (e IV): Gastronomía
A festa do Entroido posúe un acentuado carácter gastronómico: é momento de fartura e de abundancia na mesa, antítese do tempo de prohibición que se aveciña, a Coresma. Celébranse comidas familiares e veciñais, festas gastronómicas, peticións de alimentos polas casas, agasallos e invitacións mutuas. A gran comida ten lugar Martes de Entroido ou Lardeiro (de lardo = graxa do porco); nalgunhas zonas trasládase ó Domingo Lardeiro ou ó xoves anterior, chamado tamén Xoves Lardeiro.
Xov 26 Feb 2004
O calendario do Entroido
Posted by casdeiro under Tradicións galegas
Comentarios desactivados en O calendario do Entroido
Cuándo se celebra: 7ª, 6ª y 3 días de la 5ª semana antes (que caen en Febrero y a veces en Marzo) de Pascua de Resurrección.
Dónde se celebra: por toda Galicia
(máis…)