Entries tagged with “marmelada”.


Marmelada de laranxa

 

Ingredientes:

  • 1 Kg. de laranxas grandes
  • 800 gr. de azucre
  • 1 limón (o zume)

 

Descrición:

  1. Lavamos y pelámo-las laranxas, sacándolles a pel o máis delgadiña posible, sen a parte branca, que lla sacamos cun coitelo e desbotámola, abrímolas en cuarteiróns e picámo-los sacándollas pebidas, se as tiveran.
  2. Cortámo-la pel en tiras finiñas e engadímosllelas á polpa.
  3. Botamos todo nunha cazarola, pómola ó lume e deixamos que coza polo decurso de 40 minutos a fogo maino, remexendo de cando en vez..
  4. Logo disto engadímo-lo azucre mailo zume de limón e cocemos outros 10 minutos ou máis ata que estea no seu punto, remexendo case de seguido para que non salpique nin se apegue.
  5. A marmelada está no seu punto cando botando marmelada nun prato esta non esbarre e o pasar a culler pola marmelada do prato facendo un suco, este non baixe, entón é cando a afastamos do fogo.

 

Notas:

  • Para pela-las laranxas o mellor é empregar un pelador.
  • Para conservar a marmelada podemos metela en tarros de cristal coa súa correspondente tapa e logo metelos ó baño maría nunha cazarola tapada polo decurso de 40 minutos, ou nunha ola rápida subindo o marcador ó máximo e deixándoa, logo de 10 minutos, arrefriar enriba do lume apagado.
  • Tamén podes metela, aínda quente, en tarros de cristal esterilizalos xunto coas tapas en auga fervente. Logo poslle as tapas ben apertadas e deixalos que arrefríen.
  • Se che gusta a marmelada menos amarga, coce as peles en 3 augas diferentes polo decurso de 5 minutos cada vez, para sacarlle o amargor.
  • Para saber se os tarros fican ben cerrados, olla as tapas, se estas afunden están ben.
  • A cantidade de azucre ven sendo quilo de azucre por quilo de laranxa limpa, pero se ti non es de lambonadas podes botarlle algo menos, pero ten en conta que o azucre é en si mesmo un conservante e canto máis teña mellor.

 

Tempo: 60 minutos máis o tempo de esterilización.

Torta de requeixo

Ingredientes:

  • 500 g de requeixo
  • 4 ovos
  • ½ limón (a relado da casca)
  • 2 culleradas de brandy
  • 1 sobre de fermento en po
  • 200 g de azucre
  • 1 iogur natural ou sabor limón
  • 300 g de fariña
  • 250 ml de leite enteiro
  • Marmelada de amorodos

Descrición:

  1. Nunha cunca fonda batémo-los ovos mailo azucre co batedor de variñas ou co batedor eléctrico ata que dobre o seu volume.
  2. Despois disto imos engadindo (sen BATER só remexendo) sobre mestura anterior o leite, a fariña coada e mesturada co fermento, o relado de limón, o requeixo mailo iogur desfeitos co batedor e o brandy. Agardamos sempre a que se mesture o ingrediente anterior antes de botar o seguinte.
  3. Engraxamos e enfariñamos un molde redondo desmontable e botamos nel a mestura que fixemos na cunca.
  4. Metémolo todo ó forno quente a 190ºC polo decurso de 30 minutos, tapando o  molde con papel de aluminio para que non se nos torre por riba a torta, tirándollo cando leve uns 20 minutos cocendo.
  5. Antes de sacala do forno probamos se está feita espetando un garfo, se sae limpo a torta está pronta para sacala.
  6. Deixamos que arrefríe ben antes de sacala do molde.
  7. Pómola na bandexa de presentación e cubrímola con marmelada de amorodos ou de outras froitas vermellas (amoras, framboesas, arandos, etc.)

Tempo: 45 minutos

Comensais: 8

Receita: Torradas (2)

Ingredentes

  • 16 rebandas de pan de molde
  • 1/2 litro de leite
  • Marmelada de amorodos
  • Azucre
  • Canela
  • Anís
  • 2 ovos

(máis…)

A Tareixa era unha bruxa ruín ruinísima. Era tan ruín que minguara e minguara até se tornar en diminuta. E é que por mor da súa maldade, a Tareixa reducira ao tamaño dun puño.

(máis…)