Posted by casdeiro under Cociña galega, Empanadas
Comentarios desactivados en Empanadas (Empanadillas) de Marisco
Receita: Empanadas (Empanadillas) de Marisco
Ingredentes
- 1 lata de mexillóns
- 1 lata de ” jamón del diablo” (paté de xamón)
- 1 xema de ovo
- 3 ovos cocidos.
- obleas grandes para empanadas (empanadillas).
- Condimentos a gusto.
Descrición
- Se os mexillóns son frescos e non de lata, lavalos ben e qitarlles as barbas e as incrustacions antes de cocelos nunha pota tapada co testo e sen auga ata que se abran; segundo se váian abrindo, ilos retirando e reservar a carne.
- Nun bol mesturar ben o “jamón del diablo” e a xema dun ovo.
- Engadir os mexillóns mailos ovos duros picados.
- Colocar unha porción da preparación en cada sua oblea para empanadas (empanadilla), cubrilo con outra oblea e pechalas con repolgue
- Colocalas sobre unha placa e pintar con ovo batido.
- Cociñalas no forno quentado a 180ºC.
Tempo de cocción uns 20 minutos.
- Deben ter un bonito ton dourado.
Notas
- O “jamón del diablo” é un producto americano e é una especie de paté de xamón.
- Se non se ten este xamón pódemolo sustituir por xamón curado moi picadiño ( coa trituradora) ou por xamón York (xamón cocido)
Posted by casdeiro under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en Sopa de Marisco
Receita: Sopa de Marisco
Ingredentes
- 1.5 l. de caldo de peixe
- congro, cabezas de pescada, outros desperdicios de peixe
- cebola, porro, cenoria, allo
- un chorro de aceite
- 25 ameixas
- 4 cigalas ou lagostinos grandes
- ½ Kg de rape
- 1 cebola
- 1 cenoria
- 1 cullerada chea de fariña
- ½ vaso de viño branco do pais
- 200 ml. de tona líquida (nata do leite)
- Pan
- Aceite e sal
Descrición
- Co congro, cabezas de pescada, outros desperdicios de peixe, cebola, porro, cenoria, allo e un chorro de aceite facemos un caldo de peixe, que coamos e reservamos.
- Abrímolas ameixas cun chisco de auga, reservámolas e a auga que soltaron, coada, engadímoslla ó caldo de peixe.
- Cortámolo pan en cadradiños e metémolo ó forno a torrar. Reservamos.
- Picámola cebola maila cenoria moi miudiño e refogámolas nunha tixola con aceite.
Cando estea dourada pomos as cigalas cortadas ó longo, ou os lagostinos enteiros, pra que se fagan un pouco.
- Cando estean feitas as cigalas sacámolas e reservámolas.
- Engadímoslle logo á cebola o viño e deixamos reducir un pouco antes de botar a fariña,
- Remexemos un chisco, botamos o caldo de peixe, a tona líquida e cocemos 5 minutos máis.
- Engadímolas ameixas e o rape cortado en dadiños e deixamos repousar todo un pouco antes de servir.
- Ó servir pór en cada seu prato unha cigala reservada e o pan torrado
Notas
Se non vos gusta tan lixeira, podedes engadir puré de pataca, sémola de trigo ou pan relado pra espesala un pouco máis
Comensales: 4
Etiquetas: aceite, allos, ameixas, cebolas, cenorias, cigalas, congro, fariña, langostinos, marisco, pan, peixe, pescada, porros, rape, sopa, tona, viño
Posted by casdeiro under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Filloas recheas de marisco
Ingredientes
Para as Filloas:
- 200 Grs de fariña
- 4 ovos
- 1 cullerada de aceite (ou pingo)
- 1 vasiño de leite
- auga de cocer o marisco
- sal
- pementa
- aceite (para untar a tixola)
Para o recheo:
- medio quilo de mexillóns
- medio quilo de berberechos
- 12 langostinos
- 1 cebola (moi picada)
- 50 Grs de manteiga
- 3 culleradas de viño branco
- 1 ovo cocido (picado)
- 2 culleradas de pan relado
Para a bexamel(Crema):
- 2 culleradas de manteiga
- 2 culleradas de fariña
- 6 culleradas de auga de cocer o marisco
- medio vaso de leite
- pementa
- 50 Grs de queixo relado
Preparación e Presentación
De entrada aclararemos que, aínda que a receita expón 3 tipos de marisco, xeralmente admite calquer tipo de marisco (o que se queira e máis guste).
Fanse as filloas con fariña, os ovos, a manteiga, sal e pementa todo mesturado (segue o mesmo proceso de fabricación que as demais receitas), á que se agregará (mesturando) o leite e a auga da cocción do marisco ata onde o admita; facer unhas 12 filloas duns 15 cms de diámetro e gardalas.
No recheo, despois de cocer o marisco por separado (ao que se lle bota unha ou doas follas de laurel), quitánselle as cunchas aos mexillóns e aos berberechos; os langostinos límpanse ben deixando soamente a carne. Dóurase a cebola coa manteiga (previamente derretida) e arrexúntaselle o marisco e o viño; déixase cocer uns minutos e logo engádeselle o ovo cocido (previamente picado) e mailo pan relado. Se se ve que queda moi espeso, poóese engadir un pouco do caldo da cocción do marisco; coa mestura recheamos a filloas e préganse coma un sobre.
Para a bexamel ponse a fariña a tostar coa manteiga engadiídoselle leite e o caldo de marisco a modiño namentres se remove todo ata formar unha mestura lixeira. Sazoar con pementa e botala sobre as filloas recheas que, previamente estarán colocadas nunha vaixela para o forno. Botamos o queixo relado e metemos no forno a temperatura forte.
Fuente: Wikibooks.org
Posted by casdeiro under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Mero con Marisco de Cunchas
Receita: Mero con Marisco de Cunchas
Ingredentes
- ½ Kg. de mexillóns
- ½ Kg. de ameixas, berberechos ou navallas.
- ½ media cebola.
- 1 dente de allo
- 1 pataca mediana.
- 4 lombos de mero
- ½ vaso de viño branco
- Aceite e sal
(máis…)