Entries tagged with “mar”.


Cabaleiro do mar, fun cabaleiro
dun castelo de estrelas desvalidas,
entre cachóns de anémonas perdidas
entre cinzas que afloran no salseiro.

Cabaleiro do mar, fun cabaleiro,
na galera de mans esvaecidas,
entre bágoas de sal esmorecidas,
amarrando o puntal do mastroeiro.

Cabaleiro do mar; de pés mollados,
entre alfanxes sombríos, ondulados,
de azagaia sutil e nacarada.

Cabaleiro de soño e de serea
tumbado no devalo da marea
sen pavés, sen loriga e sen espada.

Fonte: BVG

Do mar pola orela
     mireina pasar,
     na frente unha estrela,
     no bico un cantar.
     E vina tan sola
     na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

               II

     A Musa dos pobos
     que vin pasar eu,
     comesta dos lobos,
     comesta morreu…
     Os ósos son dela
     que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

Fonte: BVG

Vim nas ondas do mar
os cadaleitos da fame…

escura flor

nascida na sombra nocturna
do cipreste.

Nada,
só o outro
é eterno.

Nom quero lume de espadas
no mar mareiro
nem sonhos bandeiras
prenhados de terro.

Ficarei longe dos estadulhos
dourados dos deuses,
ali, onde as cantigas
traem ventura.

Fiquei
sozinho à beiramar

das lembranças

…Além
dos teixos
e das palavras baleiras.

Tenso o arco…

ao pé da fonte

dos pássaros tristes.

 

Fonte: BVG

Vento mareiro, amigo
dos velamios senlleiros, da nebriña
de ronseles no ar aloumiñada,
do azul lonxano que se volve lila.

(máis…)

Nena, se ti me queres

¡la mar te coma!

heiche de comprar

unha lancha motora

¡la mar te coma!

para pasear.

Que cara tés

e que nariz

que boca pos

¡la mar te coma!

cando te ris.

Non te cases cun ferreiro

que é moi malo de lavar

cásate cun mariñeiro

que ven lavado do mar.

Hai milleiros de anos, o xeo avanzou do Polo Norte na dirección do Ecuador cubrindo chairas e montañas, xeando mares enteiros e lagoas, avanzando inexorable nunha vertixe de frío e desolación. (máis…)

Temos o corazón petroleado
polas gueivotas negras do desprezo.
Canto tempo máis aturaremos este cravo
na cunca violentada da nosa man? (máis…)