Entries tagged with “Manuel Curros Enríquez”.


Do mar pola orela
     mireina pasar,
     na frente unha estrela,
     no bico un cantar.
     E vina tan sola
     na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!

               II

     A Musa dos pobos
     que vin pasar eu,
     comesta dos lobos,
     comesta morreu…
     Os ósos son dela
     que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!

Fonte: BVG

O maio
Ahí ven o maio
de frores cuberto …

(máis…)

Emocionante poema de Manuel María adicado a Manuel Curros Enríquez, na súa propia voz (1969), emitido hoxe na Radio Galega, no programa Aberto por Reformas, que dirixe Xurxo Souto. Penso que escoitalo é a mellor homenaxe que lle podemos facer ao gran poeta nacional, do cuxo pasamento na Habana se fan o vindeiro venres 7 de Marzo, o centenario.
(máis…)

Queremos aproveitar que hoxe se celebra en todo o mundo o Día da Poesía, para vos achegar unha pequena escolma de breves textos de diversos autores da poesía galega. Espero que os desfrutedes e lembrade que podedes coñecer máis sobre a Literatura Galega na sección a ese tema dedicada, na sección de Libros Recomendados e tamén no noso Taboleiro, onde adoitamos comentar os nosos autores galegos favoritos.
(máis…)