Entries tagged with “maizena”.


Alcachofas con ameixas

Ingredientes:

* 12 alcachofas

* 400 g de ameixas

* 1 cebola

* 1 dente de allo

* 2 limóns

* 1 culleriña de fécula de millo (“Maizena”)

* ¼ vaso de viña branco

* ½ vaso de caldo de peixe

* Aceite de oliva

* Sal

* Pementa negra

* Perexil

Descrición:

  1. Limpámo-las ameixas; se non veñen da depuradora, pólas con auga e abondosa sal (25-30 g/litro) media hora nun sitio fresco para que solten a area.
  2. Namentres, limpámo-las alcachofas sacándolles a follas de fora e cortámoslles tamén a puntas das follas ata que so quede o corazón tenro. Untámolas con limón para que non ennegrezan.
  3. Cortámo-las alcachofas en 8 partes ó longo e reservamos.
  4. Picamos moi miudiño a cebola mailo allo e amolecémolos nunha tixola ampla cuns 50 ml. de aceite.
  5. Logo disto, engadimos as alcachofas e o zume de ½ limón e deixamos que se fagan durante uns 5 minutos.
  6. Escorremos as ameixas e pómolas a unha tixola xunto co viño branco; tapámola cun testo e deixamos cocer ata que abran as ameixas.
  7. Nunha cunca botamos a culleriña de fécula mailo caldo de peixe e mesturámolos ben sen que se fagan grumos. Engadímolo a tixola.
  8. Por último botamos as ameixas xunto co caldo que soltaron  e logo de darlles unha fervedura, servímolas quentes esparexendo perexil moi picado por riba

Tempo: 30 minutos

Comensais: 4

Receita: Canas Fritidas

Ingredientes:

Para facela masa:

  • 3/4 kg de fariña
  • 200 ml (1 vaso) de aceite
  • 200 ml de viño branco
  • 200 ml de leite
  • 1 sobre de fermento en po (royal)
  • 1 culleradiña rasa de sal

Para a crema pasteleira:

  • 1 litro de leite
  • 3 ovos ou 6 xemas
  • 6 culleradas de azucre
  • 5 culleradas cheas de fariña milla, maicena

Para fritir:

  • Aceite de xirasol

Descrición:

  1. Pomos nunha cunca fonda a fariña e facendo un niño no medio, engadimos  tódolos ingredientes da masa e amasamos.(Ten que quedar coma a masa do pan) Deixamos repousar unha hora.
  2. Estirámo-la masa cun rolete deixándoa delgadiña; cortámola logo en tiras duns 2 cm. de ancho, envolvémolas nos moldes das canas (*) e fritímolas en moito aceite non moi quente. Deixámolas escorregar sobre papel absorbente para que perdan aceite, enchémolas coa crema pasteleira e empoámolas con azucre moído (glas).
  3. Descrición da crema pasteleira de recheo
  4. Pomos a ferver 1 litro de leite cun pau de canela e unha casca de limón.
  5. Mentres, nunha cunca fonda batémo-lo resto dos ingredientes do recheo e engadímolo cando o leite estea a piques de ferver.
  6. Deixámolo que volva a ferver, remexendo ben para que non se fagan grumos ata que espese.
  7. Sen deixar que a crema arrefríe moito, encher as canas coa axuda dunha manga pasteleira.

 

Nota:

  • Os moldes para as canas son metálicos, cónicos coma os «cucuruchos» dos xeados ou cilíndricos. Se non temos os moldes podemos empregar trozos de canas de basoiras, ainda que coas de metal e mais doado desmoldealas.

Receita: Albondegas (2)

Ingredentes

  • ¾ Kg de carne de vitela
  • ¼ Kg de carne de porco
  • 2 ovos
  • 2 cebola
  • 1 pemento verde
  • 3 tomates
  • 1 dente de allo
  • Pan
  • Leite
  • Fécula de millo “Maizena”
  • 2 culleradas de fariña
  • Sal e pemento ó gusto

(máis…)

Receita: Chocos na súa Tinta ó Xeito de Redondela

Ingredentes

  • 1 kg de chocos pequenos
  • 2 cebolas
  • 2 dentes de allo
  • ½ vaso de aceite
  • Pemento doce e picante
  • 1 culler de maizena ou fariña
  • ½ vaso de viño branco
  • Tinta dos chocos ou 3 bolsiñas de tinta de cefalópodo

(máis…)

Receita: Leite Fritido (1)

Ingredentes

  • 200 gr. de azucre.
  • 100 gr. de maizena (o sémola)
  • 2 xemas.
  • 1 l. de leite.

(máis…)

Receita: Leite Fritido (2)

Ingredentes

  • 2 xemas,
  • 2 ovos,
  • ¾ litro de leite,
  • 5 culleradas de azucre,
  • 5 cullerads de maizena (fariña fina de millo)
  • 1 póla de canela,
  • 1 casca de limón,
  • fariña,
  • aceite para fretir
  • azucre
  • canela en po

(máis…)