Arroz caldoso con lumbrigante
Ingredientes:
- 500 g de arroz bomba
- 1 lumbrigante medianocenoria,
- 1 porro
- 1 cebolas medianas
- 1 cenorias
- 1 pemento verde
- ½ pemento vermello
- 1 dente de allo
- 1 tomate maduro
- 1 chorro de brandy
- 1,5 l de caldo (1cebola, 1 cenoria, 1 porro)
- Azafrán
- Aceite
- Sal
Descrición:
- Cocémo-lo lumbrigante 15 minutos en auga con pouco sal.(logo nesta auga imos facer o caldo)
- Apartamos a cabeza do lumbrigante e pelámo-la cola mailas pinzas
- Na auga de coce-lo lumbrigante facemos un caldo con ½ cebola 1 porro, 1 cenoria maila cabeza do lumbrigante. Coamos e reservamos quente
- Amolecemos nunha paella con aceite as verduras mailo tomate, pelado e sen pebidas, todo picado miúdo, botámoslles sal
- Cando as verduras estean amolecidas engadímo-lo azafrán e un chorro de brandy e deixamos facer uns minutos. Logo disto engadímo-lo arroz e refogámolo
- Logo engadímo-lo caldo ben quente (3 veces de caldo que de arroz) e deixámolo facer primeiro 10 minutas a fogo forte e logo outros 10 a fogo suave pero que non pare de ferver. Se vemos que queda seco engadimos máis caldo. O arroz ten que quedar caldoso.
- Cando falten 5 minutos engadimos a cola do lumbrigante cortada en medallóns e as pinzas pola metade.
- Deixamos repousar tapado uns 5-10 minutos e servimos.
Tempo: 45 minutos
Comensais: 4 persoas