Entries tagged with “literatura popular”.


Unha vez un fumador non tiña diñeiro pra mercar tabaco, e foi e vendeulle a filla o demo, e, cuando o demo a foi a buscar, non a pudo levar, porque tiña auga bendita cuela; estonces díxolle ao pai que lle tirase cua auga, que, se non, non a podía levar, e foi o pai e tiroulla; pero, cuando o demo volvéu por ela, tampouco a pudo levar, porque, anque ela non tiña auga pra lavar a Dios, decía: “alabado sea Dios”, i o mismo lle valía que se o lavara.
(máis…)

Había en Castrelos un ferreiro que deixara decorrer os días da súa mocidade sen decatarse de que había mulleres no mundo, e chegando a vello deulle por se namorar tolamente dunha rapaza nova moi cobizada por tódolos mozos da freigresía. O ferreiro era rico e logrou facerse dono da mellor xoia de Castrelos; mais os mozos, xuramentados, lograron acedarlle a vida

(máis…)

Sementei garabanzos
na regaña do cú,
e salíronme fabas
e comíchelas tu. (máis…)