Entries tagged with “literatura infantil e xuvenil”.
Did you find what you wanted?
Ven 30 Out 2009
Posted by casdeiro under Literatura galega
Comentarios desactivados en Xavier Frías Conde: A Odisea de Pere Xil
A Odisea de Pere Xil
Presentación
Esta é a historia dun trasno chamado Pere Xil. Como todos os trasnos, era un ser falcatrueiro e burlón, mais na historia deste concretamente hai unha serie de episodios que se fixeron famosos no mundo dos trasnos e dos seres máxicos porque con el aconteceu o que non acontece sequera cos humanos.
(máis…)
Etiquetas: burlón, ferrería, Historia de Galicia, infeliz labrego, literatura infantil e xuvenil, lúa, noite, Odisea, ovellas, Pere Xil, probas, ra, souto, torre, trasno, visita, Xavier Frías Conde
Xov 29 Out 2009
Posted by casdeiro under Literatura galega
Comentarios desactivados en Anisia Miranda: Conto de fadas
As bolboretas Yin e Bibí, que falan á mesma vez, pedíronlle a Compay Grilo:
-Cóntenos un conto de fadas, reis, princesas, castelos e todo eso…
-Ben, pois contarei un conto de todo eso. Aquí vai:
-O avó, do avó, do avó de meu avó, que non nacera en Cuba senón nun país lonxano, coñeceu a un rei que vivía nun castelo que esta na cima dun coto.
(máis…)
Xov 29 Out 2009
Posted by casdeiro under Literatura galega
Comentarios desactivados en Xavier Frías Conde: Cousas de bruxas. A fada da marmelada
A Tareixa era unha bruxa ruín ruinísima. Era tan ruín que minguara e minguara até se tornar en diminuta. E é que por mor da súa maldade, a Tareixa reducira ao tamaño dun puño.
(máis…)
Mér 28 Out 2009
Posted by casdeiro under Literatura galega
Comentarios desactivados en Lourdes Maceiras: Mariña
Gústanos vir no verán a esta vila.
Betanzos é moi bonito. Ten casas con soportais, prazas onde xogar, un río, e, se queres achegarte ao mar, tamén podes; nós, de feito, bañámonos nel moitas veces nas vacacións.
(máis…)
Xov 24 Set 2009
Posted by casdeiro under Literatura galega
Comentarios desactivados en Manuel Uhía: O loro adiviño
1
O señor Fulxencio era un solteirón que vivía nun pobo pequeno, nun tempo no que aínda non chegara a televisión. O home coidaba un corral e adicábase as labores do campo cando o tempo o permitía. Pero con isto do tempo tiña unha teima moi especial, pois mentres calquera labrego coidaba as súas leiras anque fixera mal tempo, Fulxencio xamais se arriscaba a sair se o ceo adiviñaba choiva. (máis…)
Mar 15 Set 2009
Posted by casdeiro under Literatura galega
Comentarios desactivados en Xavier Queipo: As mil e unha noites
I
Algures escribín, ou soñei que escribín, que publicar nunha lingua minoritaría é tarefa de heroes ou de ilusos. Non sei se aínda penso o mesmo. Se cadra o que agora penso (habería que llo preguntar ó meu eu máis entusista que adoita expresarse con máis liberdade) está nun camiño intermedio entre os dous adxectivos. Vou tratar de os levar polo camiño das miñas cavilacións, non sempre rectos (1). (máis…)
Sáb 5 Set 2009
Posted by casdeiro under Literatura galega
Comentarios desactivados en Eusebio Lorenzo Baleirón: Libro das viaxes e dos soños
Fragmento: “Estampa Primeira na que se conta o encontro entre Brais e o vello Anselmo”
Din que xa ía a tarde avanzada cando Brais saíu para apañar, como sempre por encarga da súa tía —un deses seres con fuciño de ourizo que están continuamente a move-los beizos e faceren que rezan— un fatiño de paus secos e guizos para levalos e acende-lo lume. Din tamén deste Brais que che era un rapaz desperto e con moito siso, sempre cavilando cun ollar de paxaro distante coma o vello que acouga no serán matinando na súa mocidade. (máis…)
Mér 2 Set 2009
Posted by casdeiro under Literatura galega
Comentarios desactivados en Lourdes Maceiras: Foi nas vacacións
(Texto íntegro)
O mal tempo durou máis do que todos nós queriamos.
Pasaron días…
e días…
e máis días… (máis…)
Dom 30 Ago 2009
Posted by casdeiro under Literatura galega
Comentarios desactivados en Gloria Sánchez: A galiña peregrina
[Texto íntegro]
Foi unha noite do día de Santiago. Na praza do Obradoiro esmorecían os últimos ecos dos fogos de lucería en honor do Santo. Unha marea de xente serpeaba polas ruelas da cidade deixando a praza solitaria e magnífica. Entón, como cada ano xacobeo, as pedras da catedral espreguizábanse dun soño vello e antigo e na intimidade da noite as figuras do Pórtico da Gloria, cobran vida. (máis…)
Sáb 29 Ago 2009
Posted by casdeiro under Literatura galega
Comentarios desactivados en Montse Varela: Cantos contos nun tris-tras
Sinforoso
¡Que cousa tan rara!,
¡que ruído oía!
Non sei de onde viña
nin quen o facía.
UH AAÁ UH AAÁ UH AAÁ (máis…)