Entries tagged with “leituga”.
Did you find what you wanted?
Xov 10 Mai 2012
Posted by Crisanto under Cociña galega, Ensaladas
Comentarios desactivados en Ensalada de pementos recheos
Ensalada de pementos recheos
Ingredientes:
- 8 pementos verdes de Oimbra ou Noia
- 8 pementos de piquillo asados
- Cenoria
- Aceite
- Vinagre de Módena
- Sal
Para o 1º recheo:
- 150 g de bonito en aceite
- 4 follas de leituga
- ¼ cebola verde
- ½ pemento verde
- 1 culler de maionesa
Para o 2º recheo:
- 150 g de bonito en aceite
- ¼ cebola verde
- 1 trociño de pemento vermello
- 3 anchoas en aceite
- 1 culler de maionesa
Para o prebe alioli
- 1 ovo
- 1 dente de allo
- Aceite de xirasol
- Zume de limón
- Sal
Descrición:
- Limpámo-los pementos verdes sacándolles o carozo e deixando o pemento enteiro sen rompelo.
- Fritímo-los pementos en abondoso aceite quente. Logo de fritilos tapalos cun testo e pelamolos
- Esmigallamos o bonito, lavámo-la leituga e picámola en tiras, picamos tamén a cebola mailo pemento verde.
- Limpamos, pelamos a cenoria e facémola en lascas coa axuda do pelador
Recheo 1º, para os pementos de piquillo
- Facemos este recheo mesturando a metade do bonito, un cuarto de cebola mailo medio pemento verde picados, engadimos unha culler de maionesa e pomos a punto de sal.
- Enchemos os pementos de piquillo e metémolos na neveira a refrescar.
Recheo 2º, para os pementos verdes fritidos:
- Mesturamos a outra metade do bonito, un cuarto de cebola mailo pemento vermello picados, as anchoas tamén picadas, engadimos a culler de maionesa e pomos a punto de sal
- Enchemos os pementos verdes e metémolos na neveira a refrescar.
Facémo-lo prebe alioli:
- Batemos co batedor eléctrico o ovo, a temperatura ambiente, o dente de allo, un chisco de zume de limón e sal.
- Engadimos pouco a pouco aceite formando un fío, ata que a salsa calle. Pomos a punto de sal e limón.
Montámo-la ensalada:
- Repartimos nos pratos a leituga, a cenoria en lascas que arranxamos con vinagre de Módena e aceite de oliva e sal.
- Por riba dela pomos 2 pementos verdes e 2 de piquillo recheos, adornados cun fío de prebe de alioli.
Tempo: 30 minutos
Comensais: 4 persoas
Mér 14 Dec 2011
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Monecos de ovos recheos
Monecos de ovos recheos
Ingredientes:
- 4 ovos
- 1 lata (80g) de atún en aceite
- Maionesa
- Tomate fritido ou Ketchup
- Pemento vermello asado
- 4 olivas sen oso
- Cenoria cocida
- Unha folla de leituga
Descrición:
- Cocémo-los ovos 10 minutos en auga salgada. Antes de metelos a cocer picámolos cun alfinete o cunha agulla na parte gorda para que sala por alí o aire que teñen dentro e non rebenten. Arrefriámolos e sacámoslles a casca.
- Cortamos, ó través, os ovos pola parte máis gorda de xeito que podamos sacar a xema e despois podelos asentar sobre o antedito corte. Reservámo-los anacos cortados
- Mesturámo-la metade das xemas coa lata de atún (escorrido o aceite), botándolle un chisco de tomate e unha culler de maionesa.
- Enchemos con esta mestura os ocos dos ovos e pómolos de pé sobre unha cama de leituga moi picada.
- Cortámo-los o pemento en tiras e pomos unha tira enriba de cadanseu ovo, caendo para os lados, para que asemellen brazos.
- Espetamos unha oliva nun pauciño e pómola sobre o pemento coma se fora unha cabeza.
- Pomos tamén espetados, no mesmo pauciño das olivas, os anacos que ficaron de corta-los ovos e sacar as xemas, para que fagan de gorra.
- Facer bastonciños pequenos de cenoria e espetalos no ventre dos ovos e nas olivas para que semellen botóns e ollos.
Tempo: 30 minutos
Tapas: 4
Lun 5 Dec 2011
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
1 Comment
Tortilla emparedada
Ingredientes:
- 6 ovos
- 4 follas de leituga
- 1 tomate maduro
- 3 lascas de friame de xamón cocido
- 150 g de bonito en aceite (peso enxoito)
- Maionesa
- Queixo en lascas
- Aceite
- Sal
Descrición:
- Facemos 2 tortillas redondas de 3 ovos cada unha. Reservámolas
- Escorrémo-lo bonito, esmigallámolo e mesturámolo coa maionesa ata formar unha masa.
- Montámo-la tortilla: Pomos unha das tortillas que fixeramos nun prato, untámola ben con maionesa. Logo imos pondo a capas: 2 follas de leituga, o xamón cocido; o esmigallado de bonito, o tomate cortado en lascas, o queixo en lascas e rematamos cunha capa de 2 follas de leituga antes de tapar coa outra tortilla.
- Servímola fría
Notas:
- Esta tortilla é coma un emparedado pero trocamos os pans de molde por tortillas de ovo.
- Os ingredientes podédelos cambiar e combinalos ó gusto de cada un.
Tempo: 15 minutos
Tapas: 4
Ven 30 Set 2011
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Grilos
Grilos
Ingredientes:
* 1 pataca mediana
* 1 folla de leituga
* 4 olivas
* Algo de ceboleta doce
* Aceite de oliva
* Vinagre
* Sal
Descrición:
- Cocémo-la pataca sen pelar en auga salgada durante uns 30 minutos para que se faga ben por dentro.
- Deixamos arrefriar de todo a pataca, pelámola e cortámola en 4 partes
- Montámo-la tapa pondo 1/4 de pataca espetada cuns anacos de folla de leituga, 1 anaco de casca de cebola e 1 oliva.
- Pomos as tapas sobre un prato e aliñámolas con sal, vinagre e aceite de oliva.
Tapas: 4
Tempo: 30 minutos
Ven 30 Set 2011
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Tapa de tomate e queixo de cabra
Tapa de tomate e queixo de cabra
Ingredientes:
* 4 rebandadas de pan de 1 cm. de groso
* 1 folla de leituga
* 4 rodas de tomate
* 4 rodas de queixo de cabra en rulo
* ½ vaso de vinagre de Módena
* 1 culler de azucre
Descrición:
- Torrámo-las rebandadas de pan sen queimalas
- Cubrímo-lo pan cun anaco de leituga seca, para que non o abrande.
- Enriba da leituga pomos unha roda de tomate e enriba do tomate pomos unha roda de queixo.
- Facemos unha redución co vinagre mailo azucre e cando estea un pouco espeso botámolo por riba da tapa.
Nota:
- Tamén lle podemos botar por riba da tapa unha culleriña de marmelada de froitos vermellos
Tapas: 4
Tempo: 15 minutos
Dom 21 Feb 2010
Posted by Crisanto under Cociña galega, Entrantes
Comentarios desactivados en Ensalada Morna de Polbo e Bacallau
Receita: Ensalada Morna de Polbo e Bacallau
Ingredentes
- 1 polbo duns 2 Kg,
- 1/2 Kg de bacallau (lomos)
- Leitugas variadas
- Pemento doce ou picante
- Aceite, vinagre e sal (sal gordo pra arranxalo polbo)
(máis…)