Entries tagged with “lareira”.


(máis…)

Afortunadamente, non falta de todo o material pra este estudio, anque nós soamente fagamos aquí un rápido reconto dos tipos esenciais.

(máis…)

O mesmo que ocorre coa eira e coa adega ocorre tamén con outra construción, que unhas veces é privada e outras comunal e que se pode atopar formando parte da casa ou independente déla: referímonos ó forno pra coce-lo pan.

(máis…)

As construccións máis representativas da arquitectura popular galega son as seguintes:

(máis…)

As manifestacións de fe en Galicia son numerosas e significativas, danse en catedrais suntuosas e en humildes ermidas perdidas o resto do ano nun monte calquera; en cruceiros que presiden encrucilladas; nos petos de ánimas; en pontes e camiños; en rochas e árbores; en fontes e ríos, que se converten en soportes simbólicos, en lugares de “encontro entre o mundo oculto e o visible, entre os vivos e outros seres que viven tamén no mundo”. Son espacios-centros especiais que facilitan a circulación entre os dous aspectos do mundo.
(máis…)

En Galicia, a cociña é lugar de reunión de moito enxoval tradicional, centro de relación familiar, testemuña de festas, conversas, tristezas e ledicias, e estancia fundamental en calquera casa rural. Nela tamén a utilidade de arte popular se fai estética. En tamaño e forma varían as distintas partes dunha cociña, segundo sexa a casa e a zona onde se encontre.
(máis…)

O lar é o centro da casa e esta significa familia, descendencia, propiedade, residencia, economía, ideoloxía e símbolo do pequeno mundo que xira arredor do lar. A casa é esencialmente autárquica e resulta unha unidade de producción e de consumo. Está rodeada dun patio pechado ó exterior por un muro. No patio viven os animais domésticos, como o can, o gato, as galiñas, os porcos e as vacas. Nel gárdanse tamén os apeiros de labranza: o carro, o arado, os xugos, os sachos… e outros máis modernos, como o tractor ou a segadora.
(máis…)

Para o aldeán galego non hai, en realidade, diferencias grandes entre bruxas e meigas pois tanto unhas como outras estímanse dotadas de idéntico poder diabólico, se ben o vocábulo meiga posúe na nosa lingua a dobre significación adxectiva de “enfeitizadora”, que atrae, engaiola ou cativa. Supóñase, sen embargo, que as bruxas eran máis danosas cás meigas, pois estas non voaban polos aires como aquelas, que ían tódolos sábados ó “aquelarre” montadas en vasoiras.
(máis…)

Unha das profesións máis estendidas por Galicia é a dos canteiros, “labradores da pedra da arte popular” e das máis espléndidas e fermosas obras da arquitectura galega. Que o canteiro exista en todo o ámbito galego débese á abundancia de granito, fundamento da paisaxe galaica. Eles ennobreceron este oficio coa exuberante contribución artística que a súa habilidade deixou na arquitectura á que impregnaron de grandiosa magnificencia.
(máis…)

Os fornos son unha construcción que ó igual que as eiras, adegas ou os muíños, poden ser privados ou comunais, formando parte da casa ou sendo unha construcción independente da mesma. O forno é unha construcción que evolucionou pouco ó longo da historia.
(máis…)