Había en Castrelos un ferreiro que deixara decorrer os días da súa mocidade sen decatarse de que había mulleres no mundo, e chegando a vello deulle por se namorar tolamente dunha rapaza nova moi cobizada por tódolos mozos da freigresía. O ferreiro era rico e logrou facerse dono da mellor xoia de Castrelos; mais os mozos, xuramentados, lograron acedarlle a vida
Entries tagged with “igrexa”.
Ven 25 Mai 2007
Literatura popular: O ferreiro de Castrelos
Posted by casdeiro under Literatura galega
Comentarios desactivados en Literatura popular: O ferreiro de Castrelos
Xov 1 Abr 2004
Mitos e cosmovisión: O culto ás árbores
Posted by casdeiro under Etnografía do pobo galego
Comentarios desactivados en Mitos e cosmovisión: O culto ás árbores
Como lembranza do pasado, na nosa cultura cristiá occidental, perviven elementos míticos, a pesar da posición da igrexa católica, que intentou desprestixiar concilio tras concilio, diversos cultos procedentes de vellas relixións, entre os que atopamos o culto ás árbores.
(máis…)
Xov 1 Abr 2004
Idade Media: O Reino de Galiza: O papel político da xerarquía eclesiástica
Posted by casdeiro under Historia de Galicia
Comentarios desactivados en Idade Media: O Reino de Galiza: O papel político da xerarquía eclesiástica
Desde o s. IV a Igrexa asume funcións de dirección no Império Romano, reemprazando en boa medida ás institucións civis como ponto de referéncia para a povoación. Papel político que aumenta desde a instauración do Reino suevo, primeiro como elemento vertebrador dos galaico-romanos (católicos), constituindo os bispos a autoridade recoñecida por estes, e desde a conversión do 449 para todo o Reino. Pese á volta ao arrianismo entre o 465 e o 550, os bispos, e en particular o de Braga, deberon manter unha influéncia moi relevante. Por fin, a partir da actividade de Martiño, a Monarquia asume unha fasquia teocrática e a estrutura administrativa asenta na sé episcopal. Constituia-se desta forma unha Igrexa Nacional, auténtico soporte do Reino.