Era unha viúva moi pobriña e tiña un fato de fillos pequechos.
Un día, o máis grandiño, que apenas xa era coma unha frangulla, foí e díxolle:
Entries tagged with “fillos”.
Lun 25 Set 2006
Contos populares: Con que se enfría o caldo
Posted by casdeiro under Literatura galega
1 Comment
Sáb 27 Set 2003
Casdeiro: Mardida (un conto alegórico-cósmico)
Posted by casdeiro under Literatura galega
Comentarios desactivados en Casdeiro: Mardida (un conto alegórico-cósmico)
Conto escrito por Casdeiro en 1.995 no que traslada a súa experiencia como fillo de emigrados en Euskadi a unha metáfora de ciencia ficción.
No século 31 da Era Estándar Espacial (E.E.E.) houbo unha grave enfermidade na galaxia domeada polo Imperio Interplanetario Ojmunu. Billóns de seres morreron naqueles anos ó longo e largo da galaxia presas dunha enfermidade que chamaron a fontáñeme. Un dos planetas máis castigado foi o planeta Hemobe. A civilización hemobense veuse reducida por tan terrible praga e moitos deles decidíronse a abandona-lo planeta para salva-la súa vida.