Entries tagged with “filloas”.
Did you find what you wanted?
Mar 24 Mai 2011
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Filloas con boletos e marmelada de figos
Filloas con boletos e marmelada de figos
Ingredientes:
- 4 filloas
- 100 g de boletos
- 1 cebola
- ½ copa de brandy
- Aceite
- Sal
Para as filloas:
- 50 g. de fariña
- 125 ml de leite
- 1 ovos
- 25 g. de manteiga
- 1 anaco de touciño
- Sal
Para a marmelada fariña, ovo, leite, manteiga, touciño, de figos
- 500 g de figos pelados
- 250 g de azucre
- 300 ml de auga
- Zume de ½ limón
Descrición:
Facémo-la marmelada
- Nunha pota cocémo-los figos pelados xunto coa auga mailo azucre e o limón remexendo de cando en vez cunha culler de pau para que non se apegue, esmagando os figos ata que espese
- Namentres estamos cocendo os figos, cun coador de arame imos retirando as pebidas que están por riba.
- Se aínda lle queres sacar tódalas pebidas tés que triturar a marmelada e aínda quente coala co coador de arame e axudándote cunha culler
Facémo-las filloas
- Derretémo-la manteiga no leite un pouco quente, máis ben morno e deixamos arrefriar; logo disto engadímo-la fariña mailo ovo e un chisco de sal; batemos co batedoiro, coamos co coador de arame e deixamos repousar uns 30 minutos antes de facer as filloas.
- Quentamos unha tixola, engraxámola lixeiramente cun anaco de touciño, botamos nela un pouco da masa das filloas, estendémola ben e deixamos que se faga por un lado; cando despegue ben dámoslle a volta e facémola polo outro lado. Deixámolas lixeiramente douradas.
Facémo-la tapa:
- Picámo-la cebola en medias lúas e amolecémola nunha tixola con aceite botándolle unhas areas de sal
- Limpamos os boletos e logo de picalos coa man en anacos pequenos engadímolos á cebola, cando esta estea medio mol. Deixámo-los facer uns minutos ata que perdan a auga de constitución. Pomos a punto de sal.
- Engadimos o brandy, prendémoslle lume e terminamos de facer.
- Enchemos co preparado de boletos as filloas e dobramos ó gusto de cada un, pómolas nos pratos e decoramos coa marmelada de figos
Nota:
- A marmelada de figos podémola mercar, pero se non, facemos unha pouca empregando os ingredientes nas cantidades proporcionais as necesidades; tede en conta que só empregamos a marmelada para decorar. Se sobra marmelada non hai problema podémola aproveitar para outras cousas. Está boísima
Tempo: 40 minutos
Tapas: 4
Etiquetas: aceite, azucre, boletos, brandy, cebola, fariña, figos, filloas, leite, manteiga, ovo, sal, touciño, zume de limón
Lun 15 Feb 2010
Posted by Crisanto under Cociña galega, Entrantes
Comentarios desactivados en Filloas con Marisco
Receita: Filloas con Marisco
Ingredentes para as Filloas:
- 3 ovos
- 50 g. de fariña
- 50 g. de manteiga
- 1/2 vaso de leite
- un chisco de sal
Ingredentes para o Recheo:
- 12 lagostinos ou camaroóns pelados
- 1/2 cebola
- 1 dente de allo
- 1 pemento verde
- outro tanto de pemento vermello
- 2 culleradas de fariña
- 1 chisco de sal
Ingredentes para a Salsa Americana:
- 50 cc. de aceite
- ½ cebola
- 1 porro (o branco)
- 1 dente de allo
- 12 cabezas de camaróns ou lagostinos
- 1 cullerada de fariña
- 1 chisco de pemento doce
- 2 tomates maduros
- 100 cc. de viño branco do pais
- 250 cc. de caldo de peixe
- ½ copita de brandy
- 1 chisco de sal
(máis…)
Xov 11 Feb 2010
Posted by Crisanto under Cociña galega, Pratos típicos das festas, Sobremesas
Comentarios desactivados en Filloas (1)
Receita: Filloas (1)
Ingredentes
- 20 dl de leite
- 5 ovos
- 20 dl de auga de cocido de porco (se lle botamos leite e ovos non lle botamos auga de cocido)
- 200 g de fariña de trigo
- 1 anaco de touciño
- sal
(máis…)
Mér 10 Feb 2010
Posted by Crisanto under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Filloas recheas de millo
Ingredientes
Para a masa:
- medio litro de leite cocido
- 275 Grs de fariña de millo
- 50 de manteiga
- 3 ovos
- 1 cullerada de azucre
- 2 copas de anís (licor)
- 1 culleradiña de auga de azahar
- sal
- touciño (ou no seu defecto, pingo)
Para a crema:
- 500 Grs de balocas
- un cuarto de litro de leite
- 50 Grs de azucre glass
- 100 Grs de manteiga
- 1 barra de vainilla
- 12 culleradas de coñac
- 6 culleradas de augardente (preferentemente de anís)
Preparación e Presentación
Bótanse nunha cazola os ovos e bátense co zucre e a auga de azahar, váiselle arrexuntando a fariña, e logo bótaselle pouco a pouco o leite (se se forman grumos terémolo que pasar por un coador chinés). Agrégaselle unha chisca de sal, o licor e a manteiga derretida mentres se segue a bater; logo déixase repousar media hora nun sitio temperado.
Pasado o tempo ponse a tixola ao lume, untada con touciño ou manteiga e bótanselle 2-3 culleradas da pasta (o suficiente para que cubra o fondo e que quede unha pasta fina); cando escomece a dourarse, cóllese pola beira cos dedos e dáselle a volta. Débese de engraxar a tixola para cada filloa.
Para preparar a crema de balocas, hai que quitarlles a casca e a pel interior, bótanse nunha cazola con auga e déixase ferver (tamén se poden botar coa pel interior; xa que ao fervelas, axúdalles a que lles caia máis sinxelamente). Unha vez peladas, bótanse noutra cazola na que haberá leite e vainilla (tamén serve o fiúncho) e tápanse mentres se deixa a lume lento ata que o leite se evapore.
Retírase a vainilla e as balocas pasanse polo tamiz formando un puré, ao que se agrega a manteiga e o azucre; mestúrase ben ata formar unha masa compacta e déixase enfriar. As filloas recheanse con esta crema e enrólanse, colocándoas nunha fonte (vaixela), e salpicámoslles zucre glass. Póñense a quentar 12 culleradas de coñac e 6 de augardente (de anís) sen que cheguen a ferver. Régase o fondo da fonte e préndeselle lume. Sérvense ardendo (haberá que apagalas no momento de consumir ou antes de que queden torradas).
Fuente: Wikibooks.org
Sáb 30 Xan 2010
Posted by casdeiro under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Filloas recheas de grelos
Ingredientes
- 12 filloas de caldo (ou de leite)
- 1 mollo de grelos
- 1 cebola
- 2 dentes de allo
- 50 Grs de piñóns
- 2 ovos
- aceite
- sal
- pementa
- noz moscada
Preparación e Presentación
Cócense os grelos en abundante auga con un pouco de sal e destapados, logo escórrense e pícanse. Na tixola agregamos 6 culleradas de aceite e, unha vez quente, douraremos a cebola (que terá que estar moi picada). Agréganse máis tarde os dentes de allo (que estarán machacados), os grelos e os piñóns (sazonandos con pementa e noz moscada).
Énchese cada filloa coa mestura de verdura e enrólase formando un canuto. Rebózanse nos ovos (que previamente estarán batidos) e no pan relado, logo pásanse á tixola onde se friten con abundante aceite. Sérvense en quente; pero tamén se poden tomar soas ou acompañadas de salsa de tomate ou ao gusto do consumidor.
Fuente: Wikibooks.org
Lun 25 Xan 2010
Posted by casdeiro under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Filloas de centeo
Ingredientes
- 4 ovos
- 3 culleradas de fariña de centeo
- 6 culleradas de fariña de trigo
- 1 vaso de auga
- 1 vaso de leite
- 1 cullerada de canela (nunha culler das do café)
- 1 nasco de touciño (no seu defecto, manteiga de vaca)
- mel
(máis…)
Dom 17 Xan 2010
Posted by casdeiro under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Filloas gratinadas
Ingredientes
- 30 filloas pequerrechas
- 1 cebola picada
- 1 tomate
- 100 Grs de xamón
- 200 Grs de carne picada (previamente frita)
- 1 cullerada de foie-gras
- salsa bexamel
- aceite
(máis…)
Xov 14 Xan 2010
Posted by casdeiro under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Filloas recheas de zamburiñas
Ingredientes
- 12 filloas de leite (ou de caldo)
- tres cuartos de litro de leite
- 3 culleradas de fariña
- 2 culleradas de manteiga
- 1 lata de 200 Grs de zamburiñas (máis…)
Dom 10 Xan 2010
Posted by casdeiro under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Filloas de verdura o forno
Ingredientes
- 12 filloas de caldo ou de leite
- 1 quilo de verduras (grelos, verzas, repolo, etc. segundo os gustos)
- 1 litro e medio de leite
- 75 Grs de manteiga
- 8 culleradas rasas de fariña
- sal
- pementa
- noz moscada
Preparación e Presentación
Cócese a verdura con auga (en cantidade) e sal; logo de escorrela unha primeira vez, córtase e afástase para un lado con nova auga para voltalo a ferver. Con metade da manteiga, a fariña, pementa e a noz moscada faise unha mestura (a modo de bexamel). Coa metade da mestura feito arrexúntase coa verdura facendo unha nova mestura á que se lle deixa dar unha fervedura. Unha vez que estea temperado o que estivemos a ferver, cóllese un pouco de mestura (que xa tería forma de crema) e vamos recheando as filloas, e seguidamente enrolándoas (facendo forma de canuto).
Colócanse nunha fonte ou vaixela refractaria previamente untada de manteiga. Colocadas, recubrirémolo co resto da bexamel (a mestura primaria), ao que se porán unhas boliñas de manteiga e métese ao forno. Pódese botar un pouco de queixo relado se se prefire. Cando xa estéan douradas, pódese sacar e consumilas en quente ou temperadas; segundo os gustos.
Fuente: Wikibooks.org
Ven 8 Xan 2010
Posted by casdeiro under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Canelóns de filloas
Ingredientes
- Tomate frito
- un dente de allo (opcional).
Para as filloas
- 200 centilitros de leite
- 5 ovos
- 200 gramos de fariña de trigo
- un anaco de touciño
- un chisco de sal
Para o recheo
- cebola
- pemento
- allo
- sal
- ourego
- avecrem
- carne picada de vaca e porco.
Para a bechamel
- maicena
- leite
- noz moscada
- sal
Preparación
1. Fanse unhas filloas que non sexan doces. Para o mesmo pódese ler o procedemento das Filloas
2. Dóuranse na tixola os ingredientes do recheo. Bótase, co aceite moi quente, primeiramente a cebola e o pemento, ó cabo dun anaco o allo, logo a carne e ó final o ourego e o avecrem
3. Envólvese coas filloas un pouco de rustrido do paso anterior e vanse poñendo nunha fonte que se poida meter no forno
4. Quéntanse os ingredientes da salsa bechamel ó lume (pódeselle botar un pouco de allo ben finiño. Cando ferve retírase e bótaselle ós canelóns por encima
5. Bótase un pouco de tomate frito por encima da bechamel
6. Métese no forno a 180º durante 35 ou 40 minutos, según o forno.
Fuente: Wikibooks.org