Entries tagged with “espinacas”.
Did you find what you wanted?
Mér 21 Set 2011
Posted by Crisanto under Arroces, Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Arroz verde con queixo de Arzúa e salmón
Arroz verde con queixo de Arzúa e salmón
Ingredientes:
- 400g de arroz
- 80g de espinacas
- 1 de cebola
- 1 dente de allo
- 4 rodas de salmón
- Queixo de Arzúa
- Aceite
- Sal
Descrición:
- Cocémo-las espinacas en 2 vasos de auga. Cando estean cocidas trituramos e reservamos.
- Nunha cazola con aceite amolecémo-la cebola mailo dente de allo picados e cando estea branda engadimos o arroz (medímolo arroz cunha cunca) e logo de refogalo engadímo-las espinacas trituradas, o dobre de cuncas de auga quente que as cuncas de arroz e deixamos facer 20 minutos. O arroz ten que quedar algo caldoso e non seco.
- En tanto coce o arroz, sacámoslle ó salmón as pel mailas arganas e deixámolo en cuartos empoámolos con allo en po e facémolos a prancha con pouco aceite.
- Montámo-lo prato pondo o arroz verde no centro cunhas lascas finas de queixo por riba e o salmón o lado montando un pouco no arroz. Adornamos cuns fíos aceite de remolacha vermella e unha folla de funcho (anís)
Nota:
- Podemos empregar calquera outro queixo que teñamos a man, en lascas ou relado
- Para facer aceite de remolacha, trituramos un anaco de remolacha cun pouco aceite.
Tempo: 30 minutos
Comensais: 4
Mar 13 Abr 2010
Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Pastel de bacallau
Receita: Pastel de bacallau
Ingredientes
- 400 g de bacallau esmigallado
- 4 porros (só a parte branca)
- 200 g de espinacas ou agrións (berro en castelán)
- 750 ml de nata líquida
- 4 ovos
- Aceite
- Sal
Descrición
- Desalgámo-lo bacallau esmigallado durante 12 horas cambiando 2 veces de auga.
- Limpamos e cortámo-los porros á metade o longo e logo en anacos de 1 cm.
- Cocémolos nunha pouca auga cun chorro de aceite e sal ata que estean brandos.
- Nunha cunca fonda escachámo-los ovos, engadímo-lo bacallau sen arganas e triturámolo.
- Engadimos 500ml de nata mailos porros escorregados mesturamos a modo e salgamos se fai falla.
- Botamos a mestura en 4 moldes de flan individuais engraxados e enfariñados.
- Metémolos ó forno quente ó baño maría polo decurso de uns 30 minutos
- Namentres cocen o pasteis facemos a salsa: Cocémo-las espinacas en auga con sal durante uns 5 minutos e logo de escoalas mesturámolas con 250 ml de nata sobrante, trituramos e deixamos reduci-la salsa ó gusto de cada un.
- Servímolos quentes pondo no fondo do prato unhas culleres de salsa de espinacas e enriba o pastel desmoldeado.
Tempo: 60 minutos
Comensais: 4 persoas
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.
Lun 16 Nov 2009
Posted by Crisanto under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en Garavanzos con Bacallau
Receita: Garavanzos con Bacallau
Ingredients
- ½ Kg de bacallau
- ½ Kg de garavanzos
- ½ Kg de espinacas
- 3 ovos
- 2 cebolas medianas
- 4 dentes de allo
- Fariña
- 1 culler rasa de pemento doce
- Aceite
- sal
(máis…)
Mér 11 Nov 2009
Posted by casdeiro under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Pementos Cheos de Atún e Noces
Receita: Pementos Cheos de Atún e Noces
Ingredentes
- 1 lata de pementos de piquillo
- 100 g de espinacas (trocamos por ortigas e faremos o prato máis galego, ¿non?)
- 100 g de queixo relado
- 1/2 vaso de noces picadas
- 500 g de atún (bonito)
- 250 cl de tona líquida
- 1 lata de salsa de tomate fritido (natural ou de lata
(máis…)