Entries tagged with “entroido”.


As culturas, como as persoas, constrúen a súa identidade por oposición: o propio afírmase por diferenciación verbo do alleo. Dentro deste paradigma, o carnaval é un subsistema que se define por oposición á norma. O que fai é representar de forma dramatizada, coas súas máscaras e comportamentos peculiares, a oposición entre o home e o animal, entre o espírito e o corpo, entre a cultura e a natureza. Cada aldea, cada parroquia, cada comunidade afortala a súa identidade colectiva mediante a representación de algo que se pretende exclusivo de seu. Esta representación teatralizada esixe a participación de todos, non debe haber espectadores, de aí o hostigamento a que se somete en todas partes ós que miran desde a beira do camiño.
(máis…)

COMARCA DA ULLA

No val medio da Ulla, entre A Estrada e Santiago festéxase o entroido cunha mascarada composta por xentes vestidas con traxes militares decimonónicos.

(máis…)

Durante o Entroido, a comunicación establécese en múltiples planos, os máis deles non verbais. Pero a sátira carnavalesca tradúcese tamén en textos compostos a propósito, nos que se comentan en clave crítica os sucesos cotiáns e a problemática que interesa á comunidade.

(máis…)

A festa do Entroido posúe un acentuado carácter gastronómico: é momento de fartura e de abundancia na mesa, antítese do tempo de prohibición que se aveciña, a Coresma. Celébranse comidas familiares e veciñais, festas gastronómicas, peticións de alimentos polas casas, agasallos e invitacións mutuas. A gran comida ten lugar Martes de Entroido ou Lardeiro (de lardo = graxa do porco); nalgunhas zonas trasládase ó Domingo Lardeiro ou ó xoves anterior, chamado tamén Xoves Lardeiro.

(máis…)

Cuándo se celebra: 7ª, 6ª y 3 días de la 5ª semana antes (que caen en Febrero y a veces en Marzo) de Pascua de Resurrección.

Dónde se celebra: por toda Galicia
(máis…)

Existe la teoría de que prácticamente todas las fiestas y romerías gallegas tienen su origen en una fiesta celta que fue posteriormente cristianizada.

(máis…)