Entries tagged with “empanadillas”.


Empanadillas de bonito e ovo

Ingredientes:
Para a masa:
• 100 g de fariña triga
• 2 culleradas de aceite
• 125 ml de auga
• 1 ovo tamaño pequeno
• 1 chisco de sal
Para o recheo:
• ½ cebola
• 1 dente de allo
• 1 ovos cocidos
• 1 pemento italiano verde
• 100 g de bonito en aceite
• 4 culleradas de tomate fritido
• Sal
• Aceite de oliva, para fritilas

Preparación:
1. Facémo-la masa. Nunha cazarola quentámo-la auga xunto co aceite e o sal; cando ferva afastámola do lume, engadímoslle a fariña e remexemos con forza ata que estea ben mesturado todo.
2. Botámo-lo ovo e incorporámolo á masa .
3. Pasámolo a unha cunca enfariñada e logo de tapalo cun pano húmido deixámolo repousando na neveira un par de horas.
4. Pasado o tempo botámo-la masa sobre o mesado enfariñado e estendémolo cun rolo ata deixalo cuns 2 milímetros de groso.
5. Cortámo-la masa cun corta pastas redondo, cun vaso grande ou mesmo cunha cunca
6. Facémo-lo recheo. Picámo-la cebola mailo allo e amolecémolos tapados nunha tixola, a lume maino, con 3 culleradas do aceite do bonito. Cando estea mol engadímo-los pementos picados e deixamos facer uns 5 minutos máis. Afastámolo do lume, pomos no punto de sal e deixámolo arrefriar
7. Cando estea frío, engadímoslle o ovo picado, o bonito esmigallado, o tomate fritido e mesturámolo todo.
8. Facémo-las empanadillas pondo unha culleradiña do recheo nas obleas e, logo de dobralas pola metade, cerrámolas premendo cun garfo ó redor.
9. Fritímo-las empanadillas en aceite ben quente e o sacalas pousámolas sobre un papel absorbente para que perdan o aceite que arrastran

Notas:
• Podes mercar obleas na tenda se non queres facer ti a masa
• Tamén podemos pintalas con ovo batido e facelas ó forno uns 10 minutos a 190 º C ata que douren

Tempo: 20 minutos sen contar o repouso da masa
Comensais: 4

Receita: Empanadillas Caseñas

Ingredentes para a Masa

  • 1/2kilo de fariña
  • 1 chorriño de aceite de oliva
  • 1 chorriño de viño branco
  • sal
  • manteiga
  • 2 ovos
  • 1 sobre de fermento en po “Royal”

Ingredientes para o Recheo

  • 1 tarro ou lata de paté de bonito
  • un pouco de xamón picado (ó gusto)
  • un pouco de chourizo picadiño (ó gusto)
  • 1 chisco de leite

Descrición

  1. Pór nunha cunca fonda a fariña mesturada co fermento e mailos ovos.
  2. Pór nunha pota pequena o viño, o aceite, o sal e a manteiga a quentar un pouco (amornalo tan só).
  3. Despois engadir esto último onde a fariña e amasar ben.
  4. Facer unha bola e deixalo nun sitio morno tapado cun pano durante unha hora.
  5. Facer o recheo mesturando o tarriño de paté de bonito, o xamón e o chourizo picados, un pouco de leite; remexelo un pouco para mesturalo ben e xa está listo o recheo.
  6. Ir collendo anacos pequenos de masa, estiralos e cortalos coa axuda dunha cunca (hai que ter moito coidado por que rompe axiña)
  7. Pór unha oblea na mesa, botar o recheo, tapar con outra oblea e unilas facendo repolgue ou premendo o redor cun garfo
  8. Fritilas en moito aceite e… listo.

Notas

  1. O sabor e moi parecido a masa follada. Están boísimas.
  2. Sobroume un pouquiño de masa e fixen tiras alongadas, boteille azucre, e fritinas… están para lamber os dedos.

Comensales: 10

Receita: Empanadas (Empanadillas) de Marisco

Ingredentes

  • 1 lata de mexillóns
  • 1 lata de ” jamón del diablo” (paté de xamón)
  • 1 xema de ovo
  • 3 ovos cocidos.
  • obleas grandes para empanadas (empanadillas).
  • Condimentos a gusto.

Descrición

  1. Se os mexillóns son frescos e non de lata, lavalos ben e qitarlles as barbas e as incrustacions antes de cocelos nunha pota tapada co testo e sen auga ata que se abran; segundo se váian abrindo, ilos retirando e reservar a carne.
  2. Nun bol mesturar ben o “jamón del diablo” e a xema dun ovo.
  3. Engadir os mexillóns mailos ovos duros picados.
  4. Colocar unha porción da preparación en cada sua oblea para empanadas (empanadilla), cubrilo con outra oblea e pechalas con repolgue
  5. Colocalas sobre unha placa e pintar con ovo batido.
  6. Cociñalas no forno quentado a 180ºC.
    Tempo de cocción uns 20 minutos.

  7. Deben ter un bonito ton dourado.

Notas

  1. O “jamón del diablo” é un producto americano e é una especie de paté de xamón.
  2. Se non se ten este xamón pódemolo sustituir por xamón curado moi picadiño ( coa trituradora) ou por xamón York (xamón cocido)