Entries tagged with “emigración”.


Amalia Sánchez Ariño. Naceu en 1883 en Galicia e chegou a Arxentina en 1936 como actriz da compañía de Margarita Xirgu. Nas décadas seguintes converteuse na avoa por antonomasia do cinema arxentino en filmes como Honrarás a tu madre, Los Árboles mueren de pié o Los problemas de papá. O seu fillo Vicente Ariño e o seu neto Emilio Ariño tamén foron actores de éxito. Na súa derradeira película, Tierra de Nuestros Mayores, interpretou a nai emigrante do filme de Manuel Arís.

Fernando Luís Iglesias Sánchez, máis coñecido polo alcume de Tacholas, naceu en Ourense o 25 de agosto de 1909 e morreu en Bos Aires o 14 de maio de 1991. Foi actor e desenvolveu a súa vida artística na emigración arxentina, onde se converteu nunha gran figura do teatro e participou en numerosas películas.

En 1929 emigrou a Arxentina, onde residían seus pais e súas irmás. En Bos Aires traballou nun obradoiro de fotografía e noutros empregos, ao tempo que se integrou na actividade cultural das sociedades galegas, en especial da Unión Provincial Oresana, da cal seu pai era tesoureiro. En 1932, convidado por Manuel Núñez Búa, comeza a actuar na radio, comezando axiña a acadar sona entre a colectividade galega. Nesta época ten orixe o alcume de Tacholas. Durante a guerra civil participou en festivais dedicados a recadar fondos para axudar á causa republicana. En 1941 funda con Maruxa Boga a Compañía de Comedias Galegas Boga-Tacholas, principal dinamizadora do teatro galego en Bos Aires xunto coa Compañía de Maruxa Villanueva. Tacholas participou na estrea da obra de Castelao Os vellos non deben de namorarse o 14 de agosto de 1941 no Teatro Mayo de Bos Aires, representando á Morte no primeiro lance e a Don Ramonciño no segundo. En 1945, tamén con Maruxa Boga e Alfredo Aróstegui, funda a audición radiofónica Recordando a Galicia, programa baseado nunha idea orixinal de Castelao. En 1953 inaugurou un novo programa radiofónico: La Voz de Galicia.

A finais dos anos cincuenta comeza a traballar no cine arxentino e intégrase en diversas compañías teatrais. No eido cinematográfico negouse de forma sistemática a interpretar papeis que ridiculizasen aos galegos.

Ángel Bilbatúa. Naceu en Vigo en 1922 e tívose que exiliar en México en 1936, fuxindo da Guerra Civil, despois de ver como os fascistas asasinaban ao seu pai, ao seu tío e a un irmán pola súa militancia socialista e obreirista. Seguindo o oficio familiar de fotógrafo, introdúcese na industria cinematográfica como reporteiro gráfico para Telesistema Mexicano, embrión da futura Televisa. Formando equipo co seu irmán Demetrio, chegou a realizar multitude de documentais e noticiarios que lle proporcionaron un gran prestixio.

Naceu en Vigo o 17 de xaneiro de 1935. Tívose que exiliar en México en 1945, fuxindo da Guerra Civil, despois de ver como os fascistas asasinaban ao seu pai, ao seu tío e a un irmán pola súa militancia socialista e obreirista e despois de vivir nove anos da súa nenez marcado como ‘fillo de roxo’.

Iniciouse no cinema mexicano en 1954 canda ao seu irmán Ángel Bilbatúa, tentando imitar o estilo de Gabriel Figueroa e inspirándose no cinema ruso e máis no neorrealismo italiano. Máis adiante asociouse con Agustín Barrios Gómez e fundou a empresa Producciones Barrios Gómez Bilbatúa. Bilbatúa deixou unha memoria gráfica de valor incalculable sobre moitos aspectos sociais e culturais de norte a sur da República Mexicana, con case que mil documentais filmados en 35 mm. Recibiu diversos recoñecementos nacionais e internacionais.

Galegos no sindicalismo americano é unha escolma de sete personaxes representativos das loitas dos traballadores galegos conscienciados política e socialmente que chegaron a América a finais do século XIX e comezos do XX. Sete biografados pouco coñecidos ou totalmente descoñecidos na Galicia que son hoxe referentes dentro das loitas obreiras e do sindicalismo latinoamericano. Manuel Fandiño, Santiago Iglesias Pantín, José María Montero, Francisco Pérez Leirós, Xosé Rego López, Antonio Soto Canalejo e Adrián Troitiño conforman esta escolma de revolucionarios galegos en América.

Estes loitadores, fundadores de sindicatos, de xornais obreiros que sufriron cárcere e exilio, que viviron na clandestinidade e en movemento incesante entre as fronteiras da Arxentina, Brasil, Uruguai, Cuba, Porto Rico e Chile. Se cadra, a importancia destes loitadores galegos en América é a de importar ideas políticas descoñecidas e avanzadas para a época. Xunto aos galegos foron importantes as comunidades conscienciadas de italianos formados no sindicalismo de finais do século XIX e comezos do XX, entre ambos grupos de emigrados, galegos e italianos, deron inicio a moitos movementos políticos arxentinos e uruguaios de esquerda. Cómpre dicir que o Partido Comunista máis antigo de América, é precisamente o arxentino.

Unha serie de leis restritivas, como a Lei de Residencia, perseguían e reprimían as ideas anarquistas e comunistas. Foron moitos os expulsados da Arxentina, do Brasil, de Uruguai, a meirande parte galegos, en aplicación desta lei. Estas ideas que foron sementadas en América, foron, despois reforzadas coa chegada da II República española. Así un lider obreiro como o sadense Ramón Suárez Picallo, é elixido deputado pola emigración nas Cortes republicanas en 1931. Suárez Picallo fundara na Arxentina o Sindicato de Empregados de Comercio. Moitos destes loitadores galegos máis tarde foron vítimas dos distintos gobernos militares xenocidas de América, uns como os arxentinos das revoltas na Patagonia ou nas desaparicións dos setenta dos gobernos do Río da Prata, Brasil e Chile.

Galegos no sindicalismo americano
Lois Pérez Leira
Asociación Galega de Emigrantes Retornados
72 páxinas


Secretaría Xeral de EmigraciónEste artigo foi publicado
grazas ao financiamento
da Secretaría Xeral de Emigración
da Xunta de Galicia.

A muller foi un elemento moi importante dun fenómeno non menos importante na sociedade galega: a emigración. Aínda que emigrou menos e máis tardíamente que o home, a muller galega foi participante dela directa ou indirectamente.
(máis…)

Comezo coa trascrición dunha serie de anacos desta fantástica mostra de novela histórica, de collage multiperspectivista da emigración histórica galega en Arxentina, parte desa grande e única novela que representa a obra de Neira Vilas, a Gran Novela da Emigración, vista desde dentro. O libro comeza así, con esta voz, unha de tantas que compoñen este libro:
(máis…)

O pintor Luís Seoane, fillo da emigración, tamén ten unha interesante obra poética. Velaquí un poema tirado do seu Fardel do eisiliado, que seguro que vos vai emocionar:
(máis…)

(máis…)

Saldos intercensais 1920-30, 1950-60 e 1960-70.
(máis…)