Entries tagged with “crema”.


Crema de limón

 

Ingredientes:

  • 225 g de manteiga de leite
  • 200 g de azucre
  • 4 ovos
  • 250 ml de zume coado de limón
  • 10 g de maicena (1 culleradiña)
  • O relado de 2 limóns

 

Preparación:

  1. Mesturamos nun cazo o azucre xunto coa manteiga que quentamos para que funda
  2. Por outra banda mesturamos nunha cunca os ovos, a zume de limón, o relado maila maicena; batémolo ben e botámolo no cazo,
  3. Pomos o cazo no lume medio e sen que ferva remexemos ben coas variñas de man ata que calle; isto pode levar preto de 8 minutos. Coámola cun coador de arame e deixámola na neveira un par de horas dentro dunha cunca cun filme transparente pegado a crema para que ó arrefriar non faga codia.

 

Nota:

  • Non ten que chegar a ferver; hai quen na fai ó baño maría pero si podes controlar ben o lume podes facelo á fogo directo.
  • Podes gardala na neveira ata un par de semanas.
  • Esta receita pode valer tanto como recheo de tortas e pasteis, ou coma unha saborosa crema que se pode tomar soa. 

 

Tempo: 25 minutos                                                  Comensais: 4

Crema de laranxa

 

Ingredientes:

  • 400 ml de zume de laranxa coado
  • 80 g. de azucre
  • 5 xemas de ovos
  • 40 g. de maicena
  • O relado       dunha laranxa

 

Preparación:

  1. Mesturamos nun cazo o azucre, os ovos, a maicena mailo relado e remexemos ben para que no termos grumos de maicena; logo diso imos engadindo o zume ós pouco e mesturamos ben.
  2. Logo diso, pómo-lo cazo ó lume medio e remexemos coas variñas de man ata que espese. Non ten que chegar a ferver.
  3. Matémolo ben e gardamos na neveira metida nunha manga pasteleira ou pondo filme transparente en contacto coa crema para que non faga costra.

 

Nota:

  • Esta receita pode valer tanto como recheo de tortas e pasteis, ou coma unha saborosa crema que se pode tomar soa. 

Tempo: 25 minutos                                                  Comensais: 4

  •  

Boliños de vento reenchidos de crema de castañas

 

Ingredientes:

Para a masa:

  • 250 ml de auga
  • 150 g de fariña triga
  • 100 g de manteiga de leite
  • 4 ovos
  • Un chisco de sal

Para o recheo:

  • 250 g de castañas
  • 1 cullerada de anises
  • 1 vaso de nata
  • 2 culleradas de azucre

 

  • Preparación:
  1. En primeiras, preparámo-las castañas e para iso sacámoslle a pel grosa de fora e pómolas a coceren nunha pota con auga xunto cos anises polo decurso duns 25 minutos.
  2. Acendémo-lo forno a 200 ºC para que vaia quecendo
  3. Entanto, facémola masa dos boliños. Botamos nunha cazarola a auga xunto coa manteiga, o chisco de sal e pómola a ferver; cando comece a ferver afastámola do lume e engadimos de golpe a fariña e remexemos de seguido ata que estea todo ben mesturado. Deixamos arrefriar.
  4. Cando estea algo morno engadimos un ovo enteiro e cando xa estea absorbido engadímo-lo outro e así ata os catro ovos.
  5. Metémo-la masa nunha manga pasteleira e facendo uns montonciños do tamaño dunha noz grandiña, pómolos sobre unha bandexa das do forno cuberta con papel de enfornar. Deixamos unha separación entre eles para que non se apeguen cando crezan ó cocelos.
  6. Metémo-la bandexa cos boliños ó forno uns 15-20 minutos ata que estean cocidos e un chisco dourados.
  7. Nestes intres, as castañas xa estarán cocidas e agora, coa axuda dun coitelo con punta, pelámo-las sacándolles a pel que lles quedou.
  8. No vaso do batedor botamos as castañas, a metade da nata mailo azucre e trituramos todo. O triturado ten que quedar coma crema algo espesa pero axeitada para poder encher con ela os boliños, así que se cómpre engadimos máis nata.
  9. Metemos esta crema nunha manga pasteleira con boquiña rizada e imos enchendo os boliños logo de darlles un pequeno corte por arriba cun coitelo.
  10. Presentámolos adornando ó gusto.

 

Nota:

  • Para sacarlles a segunda pel ás castañas podes poñelas ó lume forte nunha tixola con testo durante uns poucos minutos vai probando e sácaas cando vexas que pelan. Coida que non asen moitos. Hai que pelalas deseguido; en quente pelan mellor. 

 

Tempo: 1 hora                                                           Comensais: 6-8

Recipe: Crema de grelos con chourizo

Ingredients

  • 2 mañuzos pequenos de grelos
  • 1 chourizo caseiro
  • 1 litro de caldo de carne
  • 1 cebola
  • 1 dente de allo
  • 1 pataca mediana
  • Aceite e sal

Instructions

  1. Picámo-la cebola mailo allo e dourámolos nunha pota cun pouco aceite.
  2. Cando estea dourada a cebola engadímoslle a metade do chourizo cortado en anacos pequenos.
  3. Engadímoslle o caldo e deixamos cocer.
  4. Namentres, limpámolos grelos e cocémolos xunto coa pataca cortada no decurso de 20 minutos.
  5. Escoámo-los grelos maila pataca e botámolos no caldo que xa estaba a ferver e deixámolo ferver 5 minutos máis.
  6. Logo disto triturámolo co batedoiro eléctrico e coámola crema, dándolle logo o punto de sal. Canto máis fino sexa o utensilio de coar máis suave quedará a crema.
  7. A outra metade do chourizo cortámola en cadradiños e dámoslle unha pequena fritidela na tixola.
  8. Ó servila crema pomos uns cadradiños de chourizo en cadanseu prato e un fío de aceite cru para adornalo.

Duración: 45 minutos

Comensais: 6 persoas

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.

Crema Pasteleira

Ingredentes

  • 1 litro de leite
  • 200 g. de azucre
  • 4 ovos
  • 100 g. de fariña ó 80 g. de maizena
  • Casca de limón
  • 1/2 pau de canela
  • 1 culleriña de azucre avainillado

(máis…)

Receita: Crema de Augardente (1)

Ingredentes

  • ½ l. de augardente galego de 45% vol.
  • 470 g. de leite condensado
  • 100 g. de xarope de caramelo ou de azucre acaramelado
  • 80 g. de xarope de chocolate ou 30 g de chocolate de fundir desfeito nun pouco de leite
  • 1 copa de anís 36% vol.
  • 1 chisco de azucre vainillado
  • Leite, o necesario

(máis…)

Receita: Crema de Augardente (2)

Ingredentes

  • 1 l de augardente
  • 740 g de leite condensado
  • 1/2 l de leite
  • 1 cunca de café ben cargado
  • 2 cuncas, das de café, de natillas
  • 3 culleradas de cacao en po

(máis…)