Entries tagged with “cosmovisión”.


Para o aldeán galego non hai, en realidade, diferencias grandes entre bruxas e meigas pois tanto unhas como outras estímanse dotadas de idéntico poder diabólico, se ben o vocábulo meiga posúe na nosa lingua a dobre significación adxectiva de “enfeitizadora”, que atrae, engaiola ou cativa. Supóñase, sen embargo, que as bruxas eran máis danosas cás meigas, pois estas non voaban polos aires como aquelas, que ían tódolos sábados ó “aquelarre” montadas en vasoiras.
(máis…)

A crenza nas meigas é mito central do noso acervo supersticioso; elas representan para o pobo o mal e o pecado, o danoso e o prexudicial; todo o contrario á bondade e ó ben, feito polo que se diferencian das fadas, que significan o favorable e o adverso (dada a súa dobre condición de boas fadas e malas fadas).
(máis…)

Un elemento importante para os galegos é o aire. Pódese ser alento, cando vén de dentro, aire de casa e aire de fóra. O aire contén forzas misteriosas e influencias daniñas; non ten forma concreta. Os remuíños de aire son máxicos e sempre perigosos. Evítase exporse a correntes de aire.
(máis…)

A importancia da auga para os galegos procede de tempos moi remotos e ten un culto que se pode cualificar de tradicional e xeral, sen dúbida polas súas condicións creadoras e fecundantes. Para os nosos aldeáns as augas son salutíferas, beneficiosas, prolíficas e ata sandadoras. Xa no século IV da nosa era o campesiño galego facía as súas ofrendas de pan e viño ás fontes.
(máis…)

Como lembranza do pasado, na nosa cultura cristiá occidental, perviven elementos míticos, a pesar da posición da igrexa católica, que intentou desprestixiar concilio tras concilio, diversos cultos procedentes de vellas relixións, entre os que atopamos o culto ás árbores.
(máis…)

O lume ocupa un lugar moi importante na cultura galega. Foi o protagonista en moitas cerimonias que funden quizais as súas raíces na prehistoria. Ten un carácter sagrado.
(máis…)

O culto dos astros, en especial, do sol e da lúa, estivo antigamente moi arraigado en Galicia, e aínda o segue estando entre xente aldeá, segundo revelan fragmentos de romances populares que se conservan, e nalgúns dos que hai visibles reminiscencias pagás e supersticiosas.
(máis…)

Antecedente remoto do pobo galego son os “saefes” ou raza de serpes, identificada por algúns historiadores como o pobo celta, que chegou a ocupa-la zona que abarcaría o noroeste de España, chamada Ophiusa (nome que procede do grego “saefes” : serpe ) entre os anos 590 e 550 antes de Cristo.
(máis…)

O pobo galego creu, e aínda cre, nestes xenios misteriosos por influxo dos cales, segundo sexan bos ou malos, se desexa ou se teme algo. Deste xeito, os campesiños teñen por certo que o espacio, os camiños, as casas, as augas, os montes, as fragas e as corredoiras están poboados deses fillos da noite que, entre as sombras, camiñan errantes como as nubes, lixeiros coma o pensamento e fuxidíos coma o lóstrego.
(máis…)