Entries tagged with “contos”.



Non foi un personaxe, pr’o ten relembranza e xusta fama n-a nosa terra. É conecido d’oubidas comotodol-os héroes antigos. A non ser pol-o seu zapateiro, a vila de Cangas faría esquecida com’outras moitas que gardan recordos históricos, tradiciôs groriosas, e cinsas de xenios ilustres, sin que por eso teñan lembradía.

(máis…)

As bolboretas Yin e Bibí, que falan á mesma vez, pedíronlle a Compay Grilo:
-Cóntenos un conto de fadas, reis, princesas, castelos e todo eso…
-Ben, pois contarei un conto de todo eso. Aquí vai:
-O avó, do avó, do avó de meu avó, que non nacera en Cuba senón nun país lonxano, coñeceu a un rei que vivía nun castelo que esta na cima dun coto.

(máis…)

Estaba na estrada agardando a que chegara meu irmán do servicio, pois dixeran que viña aquel día. Dixéronnolo, porque el, nos tres anos que alá estivo, só escribiu unha vez, pedindo cartos, e como non llos mandamos non volveu escribir máis. Pois, eu vino vir e entroume unha alegría tan grande polo corpo que entrei nunha taberna que alí había e díxenlle ao taberneiro:
(máis…)

Ele era un vello, moi velliño, que tiñalle gañado moito medo a morte, e tanto era o que cavilaba como viría e a que hora podería chegar, que disque nen tiña xor, nen era vivir como ele vivía.
(máis…)

Era unha viúva moi pobriña e tiña un fato de fillos pequechos.
Un día, o máis grandiño, que apenas xa era coma unha frangulla, foí e díxolle:

(máis…)

Daquela, inda os animais falaban.
Foi un día en que ao can vello corrérano a paus do palleiro. Estarrecíalle o corpo de cavilar como a tía Marica, brincando con el a fungueirazos, berraba coma unha condenada:
(máis…)

Conto escrito por Casdeiro en 1.995 no que traslada a súa experiencia como fillo de emigrados en Euskadi a unha metáfora de ciencia ficción.

No século 31 da Era Estándar Espacial (E.E.E.) houbo unha grave enfermidade na galaxia domeada polo Imperio Interplanetario Ojmunu. Billóns de seres morreron naqueles anos ó longo e largo da galaxia presas dunha enfermidade que chamaron a fontáñeme. Un dos planetas máis castigado foi o planeta Hemobe. A civilización hemobense veuse reducida por tan terrible praga e moitos deles decidíronse a abandona-lo planeta para salva-la súa vida.

(máis…)