Entries tagged with “Compostela”.
Did you find what you wanted?
Lun 4 Xan 2010
Posted by rubi under Literatura galega
Comentarios desactivados en Francisco Castro: Canción para Ánxel Casal, fusilado polos fascistas en 1936
Póñaselle música, na primeira parte, de violíns. Pero que saiban chorar.
Na segunda, de canóns. Pero triunfantes.
O teu sangue non sabía
non sabía
que licuaba para sempre
nas pedras da Historia e do Tempo de Compostela. Fría.
O teu corazón non sabía
non sabía
que a calor que te abeiraba por dentro
tornaba xeada e absurda. Perdida.
Mais a túa alma xa sabía
sabía
que a liberdade había espertar no abrente do futuro
de entre as pedras duras da túa Compostela miña. Rexurdida.
Aquelas balas non sabían
non sabían
que te agardaban da outra beira das rochas, onde arfa a alba. Fría.
Aqueles homes non sabían
non sabían
que foran nacidos para te asasinar
e para rubricar a inxustiza
e para fundar o universo da dor, a orde porcallenta e marcial, a nonvida. Perdida.
Aquela cidade morta
a túa Compostela miña
acorda hoxe na lembranza da túa vida valente
e medra libertaria sobre o teu exemplo.
Xa non fría.
Nunca máis perdida.
E para sempre rexurdida.
Fonte: BVG
Mar 13 Out 2009
Posted by rubi under Literatura galega
Comentarios desactivados en Luis Gonzalez Tosar: Volver a Compostela
Cidade, os teus ollos de onte
foron o espello roto
onde eu quixen amarte. (máis…)
Xov 1 Abr 2004
Posted by casdeiro under Historia de Galicia
Comentarios desactivados en Idade Media: O Reino de Galiza: O papel político da xerarquía eclesiástica
Desde o s. IV a Igrexa asume funcións de dirección no Império Romano, reemprazando en boa medida ás institucións civis como ponto de referéncia para a povoación. Papel político que aumenta desde a instauración do Reino suevo, primeiro como elemento vertebrador dos galaico-romanos (católicos), constituindo os bispos a autoridade recoñecida por estes, e desde a conversión do 449 para todo o Reino. Pese á volta ao arrianismo entre o 465 e o 550, os bispos, e en particular o de Braga, deberon manter unha influéncia moi relevante. Por fin, a partir da actividade de Martiño, a Monarquia asume unha fasquia teocrática e a estrutura administrativa asenta na sé episcopal. Constituia-se desta forma unha Igrexa Nacional, auténtico soporte do Reino.
(máis…)
Etiquetas: arrianismo, bispos, Compostela, idade media, igrexa, Reino de Galicia, Reis Católicos, Rosendo, Santiago, Sisnando, suevo, visigodo, Xelmírez
Xov 1 Abr 2004
Posted by casdeiro under Oficios tradicionais galegos
Comentarios desactivados en O traballo con metais
Son varios os traballos con metais que se poden atopar en Galicia:
(máis…)
Etiquetas: acibechería, coitelos, Compostela, ferraduras, ferrería, ferro, forxa, fouces, gadañas, machadas, metais, Oficios tradicionais galegos, ourivería, pratería, xoiería
Xov 1 Abr 2004
Posted by casdeiro under Coñecer Galicia
Comentarios desactivados en About Galicia (a brief historical introduction)
[…] despite its clear ethnic, linguistic and geographical differences from the rest of Spain, and its remoteness from the center, Galicia, though regarded as a separate kingdom in the later middle ages, rarely enjoyed, or appears to have sought, political independence… Probably the possession of the national shrine of St. James of Compostela from the 9th century attached Galicians, for religious and economical reasons, firmly, to the central kingdom.
The Encyclopaedia Britannica
(máis…)