Coello con castañas
Ingredientes:
- 1 coello
- 20 castañas cocidas
- 12 albaricoques secos
- 1 cebola
- 1 pemento verde italiano ( 50 g)
- 2 tomates ben maduriños e pelados
- 2 cenorias
- 100 g de touciño entrefebrado
- Caldo de carne
- 100 ml de brandy
- 200 ml de viño branco
- 2 dentes de allo
- Perexil
- Tomiño
- Aceite e sal
Preparación:
- En primeiras botamos nunha cunca os albaricoques secos e pómolos a remollo co brandy.
- Machucamos allo con perexil e sal e adubámo-lo coello cortado en talladas grandiñas.
- Nunha cazarola baixa e ampla con aceite engadímo-las talladas de coello e dourámolo. Cando estea afastámolo da cazarola e reservámolo
- Na mesma cazarola engadimos agora a cebola mailo pemento en xuliana, as cenorias picadas xunto co touciño cortado en bastonciños e facémolos a fogo maino En canto estea branda e algo dourada a cebola engadímo-los tomates relados.
- Logo dun par de minutos engadímo-lo coello reservado, un pouco de tomiño, o brandy de remolla-los albaricoques, o viño branco e deixamos que evapore o alcohol. Logo botamos caldo de carne ata case cubrilo e deixamos que guise todo xunto uns 25 minutos ou ata que o coello estea feito.
- Cinco minutos antes de rematar co guiso engadímo-las castañas mailos albaricoques.
- Levámolo á mesa nunha bandexa alongada adornando coas castañas e os albaricoques polo redor.
Tempo: 60 minutos Comensais: 4