Amalia Sánchez Ariño. Naceu en 1883 en Galicia e chegou a Arxentina en 1936 como actriz da compañía de Margarita Xirgu. Nas décadas seguintes converteuse na avoa por antonomasia do cinema arxentino en filmes como Honrarás a tu madre, Los Árboles mueren de pié o Los problemas de papá. O seu fillo Vicente Ariño e o seu neto Emilio Ariño tamén foron actores de éxito. Na súa derradeira película, Tierra de Nuestros Mayores, interpretou a nai emigrante do filme de Manuel Arís.
Entries tagged with “cinema”.
Mar 23 Nov 2010
Amalia Sánchez Ariño
Posted by zerovacas under Fillos de sona
Comentarios desactivados en Amalia Sánchez Ariño
Mar 23 Nov 2010
Agustín Rodríguez Castro
Posted by zerovacas under Fillos de sona
Comentarios desactivados en Agustín Rodríguez Castro
Agustín Rodríguez Castro (Lugo, 1885 – A Habana 1957). A morte de seu pai obrigouno a emigrar á Habana en 1901. En Cuba interesouse polo teatro, estreándose en 1908 a primeira peza escrita por el, Cuba se hunde. Foi un dos grandes escritores de obras dramáticas da primeira metade do século XX en Cuba, destacando as súas pezas con historias tiradas da vida cotiá. Destacaban os seus personaxes de galegos e súa é a parella Garrido e Piñeiro, formada por un galego e un negro, que sería moi popular na illa nas décadas seguintes. As súas historias tamén foron representadas na televisión e no cinema.
Mar 23 Nov 2010
Alber Ponte
Posted by zerovacas under Fillos de sona
Comentarios desactivados en Alber Ponte
Alber Ponte (Dorking, Reino Unido 1963). Foi un dos máis destacados curtametraxistas galegos da década dos noventa, aínda que levou o seu talento a moitos eidos, entre eles a música (coa banda Alber y el peligro infinito), ou o teatro. Con Aníbal Malvar creou en 1993 a produtora Sierra Madre. Entre as súas numerosas curtametraxes destaca El origen del problemas, premiada no festival de Clermont Ferrand en 1998. Tamén realizou unha longametraxe de baixo presuposto, titulada Ni en sueños.
Mar 23 Nov 2010
José Enrique Pintor ‘Pinky’
Posted by zerovacas under Fillos de sona
Comentarios desactivados en José Enrique Pintor ‘Pinky’
José Enrique Pintor ‘Pinky’. Nacido en Santiago de Compostela, a partir de 1989 reside na República Dominicana para dedicarse á dobraxe. Inicia nese momento unha brillante carreira no mundo da televisión, do cinema e do teatro, obtendo premios e un grande éxito de público en todos os seus proxectos. Os seus filmes La Cárcel de la Victoria: El cuarto hombre e Sanky Panky baten todas as marcas do cine do país caribeño. É alcumado Pinky grazas á popularidade que acadou dobrando un personaxe de debuxos animados. En 2008 a revista Cambio16 premiouno como mellor director latinoamericano do ano.
Mar 23 Nov 2010
Enrique Muíño
Posted by zerovacas under Fillos de sona
Comentarios desactivados en Enrique Muíño
Enrique Muíño (Laracha 1881 – Bos Aires 1956). Iníciase no teatro moi novo, chegando a converterse nun dos actores máis populares de Arxentina. Nos anos vinte realiza unha extensa xira por Galicia na que recibe numerosos recoñecementos. Nos anos trinta comeza a protagonizar películas e xa nos anos corenta funda a produtora Artistas Argentinos Asociados, destacando o seu papel en El cura gaucho e La guerra gaucha.
Mar 23 Nov 2010
Elixio González
Posted by zerovacas under Fillos de sona
Comentarios desactivados en Elixio González
Elixio González (Entrimo 1899 – Bos Aires 1972). Chega a Arxentina 1929, fuxindo do alistamento para a Guerra de África. Comeza a traballar nunha casa de fotografía e uns anos despois funda Celta Films, unha pequena produtora coa que realiza reportaxes sobre a vida dos emigrantes galegos en Arxentina. A súa primeira obra destacable será Galicia en Buenos Aires, que se proxecta en Galicia en numerosos cines en 1934 e que foi utilizada na campaña a prol do Estatuto de Autonomía de 1936. Era coñecido como o fotógrafo da colectividade e estivo presente en todos os actos organizados por galegos en Arxentina. O valiosísimo arquivo de Elixio González non foi valorado polas sociedades que debían conservalo e perdeuse na súa meirande parte.
Mar 23 Nov 2010
Eumenio Blanco
Posted by zerovacas under Fillos de sona
Comentarios desactivados en Eumenio Blanco
Eumenio Blanco (Manzaneda, 1891 – Los Ángeles 1984). Criouse en Vigo, onde comezou a destacar no mundo da música como barítono. Emigrou aos Estados Unidos e en 1925 xa formaba parte do elenco da ópera de Nova York. Coa aparición do cinema sonoro, comezan a realizarse en Hollywood versións dos filmes en varios idiomas, tamén o castelán, o que leva a Eumenio a protagonizar varias películas e a compartir cartel con Anthony Quinn, Kirk Douglas, Robert Mitchum ou Carole Lombard. Na súa filmografía destaca Out of the past, de Jaques Tourneu, ou A volta ao mundo en 80 días, en 1956, compartindo escena con David Niven ou Cantinflas e Encontros na terceira fase, de Steven Spielberg.
Mar 23 Nov 2010
Serafín Ferro
Posted by zerovacas under Fillos de sona
Comentarios desactivados en Serafín Ferro
Serafín Ferro (A Coruña 1912 – México 1958). Fillo de familia obreira e anarquista, emigrou a Madrid cos seus irmáns. Alí móvese nos ambientes intelectuais e coñece a Federico García Lorca, con quen chega a manter unha relación. Cando comeza a Guerra Civil atópase na Coruña creando un ballet galego. Alístase na lexión, cruza as liñas e foxe a Barcelona. Alí participa na rodaxe de Espoir, un filme de propaganda dirixido por André Malraux. O filme converteuse nun dos mitos da resistencia antifascista. Na segunda guerra mundial foi internado nun campo de concentración en Francia, do que puido saír e exiliarse en México, onde morreu despois dunha grave adicción ao alcol.
Reportaxe sobre Serafín Ferro publicada en La Opinión de A Coruña
Mar 23 Nov 2010
Manuel Augusto de Cervantes (Augusto Pereira)
Posted by zerovacas under Fillos de sona
Comentarios desactivados en Manuel Augusto de Cervantes (Augusto Pereira)
Manuel Augusto de Cervantes (Chantada 1928 – Brasil 1988). Traballaba como axente inmobiliario en Sao Paulo, pero a finais da década dos cincuenta comezou a realizar algún pequeno papel no cinema co nome de Augusto Pereira. Dende os anos sesenta convértese en produtor, sendo até os anos oitenta nun dos produtores de cinema independente máis importantes de Brasil, especializado en spaghetti westerns, filmes de terror e películas pornográficas, tentando dar aos seus filmes en todo momento unha marca de calidade.
Mar 23 Nov 2010
Ricardo Castro Ríos
Posted by zerovacas under Fillos de sona
Comentarios desactivados en Ricardo Castro Ríos
Ricardo Castro Ríos (Vigo 1920 – Bos Aires, 2001). Chegou con seis anos á Arxentina. Mentres estudaba Dereito interesouse polo teatro afeccionado, debutando no cinema en 1944 en La cabalgata del circo, compartindo cartel coa tamén galega Libertad Lamarque. Adoitaba realizar papeis de galán, todos eles de protagonista, en máis trinta filmes até 1976.