Entries tagged with “ceboliño”.
Did you find what you wanted?
Mér 14 Dec 2011
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Saquiño de morcilla e mazá
Saquiño de morcilla e mazá
Ingredientes:
- 100 g de morcilla
- 1 mazá reineta
- Pasta brick
- Azucre
- Aceite de oliva
- Prebe de piquillos
- Ceboliño
Descrición:
- Pelámo-la mazá e picámola non moi miúda e amolecémola nunha tixola con aceite.
- Mesturámola coa morcilla esmigallada e botámoslle un pouco de azucre
- Repartimos a mestura sobre uns anacos cadrados de pasta brick e xuntando as puntas facemos un pequeno saco atándoos con ceboliño
- Pómolos nunha bandexa de forno cun chisco de aceite ou manteiga no fondo para que non se apeguen e grellámolos ata que douren un pouco sen que se queimen.
- No vaso do batedor botamos 4 pementos de piquillo e 1 culler de aceite, un chisco de auga e sal; batémolo todo e engadimos 2 culleres de aceite máis e mesturamos sen bater.
- Presentámolos sacos regados con fíos de prebe de pementos. Servímolos quentes.
Nota:
- Se queres facelo cun toque galego prepara unhas filloas delgadiñas para face-los sacos.
Tempo: 15 minutos
Tapas: 4
Lun 5 Dec 2011
Posted by Crisanto under Cociña galega, Sobremesas
Comentarios desactivados en Roliños de melón con xamón
Roliños de melón con xamón
Ingredientes:
¼ de melón
6 lascas de xamón
200 g de queixo de untar
Ceboliño
Pementa
Azucre
Descrición:
- Cunha mandolina facemos lascas finas de melón; unhas oito será dabondo
- Sacámoslle ó xamón o touciño que teña e pómolo estendido nunha bandexa de forno e premémolos con outra bandexa. Deshidratamos o xamón no forno,xa quente,a uns 5 minutos.
- Sacámolo do forno e triturámolo ata convertelo case en po.
- Mesturámo-lo queixo co xamón , o ceboliño picadiño e un chisco de pementa moída (ó gusto)
- Repartímo-la mestura de queixo, a partes iguais, nas lascas de melón e enrolámolas sobre o queixo.
- Esparexemos azucre por riba dos roliños e torrámolo cun soprete de cociña. Adornamos logo con po de xamón por riba e ceboliño cortado en anacos duns 7-9cm.
Tempo: 15 minutos
Comensais: 4 persoas
Lun 2 Ago 2010
Posted by Crisanto under Cociña galega, Tapas
Comentarios desactivados en Tapa de polo con prebe de iogur e queixo.
Tapa de polo con prebe de iogur e queixo.
Ingredientes
Para o adobo:
- Pementa negra moída
- 1/2 culleradiña de pemento picante
- 1 culleradas de pemento doce
- 1 culleradiña de ourego
- Aceite de oliva
- Sal
Para o prebe de iogur e queixo:
- 75 g de iogur grego
- 150 g de crema de queixo (de untar)
- 1 cebola de ensalada
- 2 culleradas de ceboliño picado.
Descrición
- Facémo-lo prebe de iogur e queixo: Picámo-la cebola moi miudiña e amolecémola nunha tixola cun chisco de aceite cando estea mol engadimos o ceboliño miudiño e deixámolo facer un chisco máis. Mesturámolo todo co iogur e a crema de queixo, afastamos do lume e reservamos.
- Cortámolas peitugas de polo en tiras.
- Nunha cunca engadimos todos os ingredientes do adobo e cubrímolos con aceite de oliva, mesturamos ben, engadimos as tiras de peituga e deixámolas en adobo ó menos 24 horas dentro da neveira ou 4 horas fora dela.
- Pasado o tempo de adobo, facémolas nunha tixola á prancha case sen aceite e logo espetámolas tiras de peituga nun espeto de pau facendo un “S”
- Para monta-la tapa, pomos o prebe no centro dun prato e os espetos co polo ó redor
Tempo: 15 minutos
Tapas: 6
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.
Etiquetas: aceite, cebola, ceboliño, iogur grego, ourego, peituga de polo, pementa negra moída, pemento doce, pemento picante, queixo de untar, sal