Posted by Crisanto under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Rolo de bonito fresco
Rolo de bonito fresco
Ingredientes:
• 1 kg de bonito do norte fresco
• 2 ovos cocido
• 1 pemento vermello asado
• 1 cebola nova
• 2 dente de allo
• Miolo de pan
• 2-3 ovos
• Leite
• Perexil
• Aceite de oliva e sal
• Fariña e ovo para rebozar
Para o prebe:
• 2 cebolas
• 1 folla de loureiro
• 2 pementos secos
• 4 dentes de allo
• 1 ½ vaso de caldo de peixe
• 1 vaso de viño branco
• 1 cullerada colme de fariña
• Aceite de oliva e sal
Preparación:
1. Limpámo-lo bonito sacándolle a pel, as arganas e cortámolo miudiño cun coitelo moi afiado.
2. Pomos de mollo os pementos en auga ben quente uns 20 minutos e sacámoslle o miolo.
3. Facémolo prebe e para iso pomos a amolecer nunha tixola con aceite a cebola xunto cos dentes de allo, a polpa dos pementos, sal e a folla de loureiro.
4. Cando a cebola estea mol engadímoslle o viño branco e deixamos facer ata que a cebola estea ben feita. Cando estea consumido case todo o viño, engadímoslle a fariña e o caldo de peixe, que podemos facer coas espiñas e a pel do bonito. Deixamos facer ata que espese un chisco. Triturámolo e reservámolo.
5. Entanto facémolo prebe, botamos nunha cazarola fonda o bonito picado xunto coa cebola amolecida nun chisco de aceite, o dente de allo, os ovos cocidos, o pemento asado, o perexil, todos eles moi picados e o miolo de pan, mollado en leite esmigallado.
6. Imos botándolle á masa os ovos crus incorporándoos un a un e so os que admita.
7. Logo de mesturalo ben facemos 2 rolos que rebozamos con fariña, ovo batido e fritimos en abondoso aceite ben quente
8. Botámo-lo prebe nunha cazarola, quentámolo a fogo maino e pomos nel os rolos de bonito que deixaremos ferver a fogo maino co testo posto para que se fagan por tódolos lado uns 3-5 minutos. Deixamos repousar uns 5 minutos máis fora xa do lume.
9. Para que non esmigallen ó cortalos deixámolos arrefriar e cortámolos en toros duns 2 cm. de groso e servímolos regados co prebe.
Nota:
• O rolo non hai que cocelo moito no prebe, pois se nos pasamos queda seco
• Podemos acompañar o rolo con mazás reinetas peladas, sen carozo, cortadas pola metade e escaldadas uns 2 minutos en auga.
Tempo: 60 minutos
Comensais: 4 ou máis
Posted by Crisanto under Cociña galega, Entrantes
Comentarios desactivados en Tortilla de patacas, pementos e bacallau
Tortilla de patacas, pementos e bacallau
Ingredientes:
Tortilla de patacas:
- 400 g de patacas
- ½ cebola verde
- 4 ovos
- Aceite
- Sal
Tortilla de pementos:
- 4 ovos
- 1 dente de allo
- 4 pementos verdes “doce italiano”
- ½ pemento morrón
- Aceite
- Sal
Tortilla de bacallau:
- 300 g de bacallau desalgado e esmigallado
- 1/2 cebola verde
- 4 ovos
- Aceite
- Sal
Descrición:
- Tortilla de patacas: Pelámo-las patacas e picámolas para tortilla. Picámo-la cebola en anacos pequenos mesturámola coas patacas e salgamos todo
- Quentamos nunha tixola aceite abondo e fritimos nel as patacas a fogo medio remexendo de cando en vez ata que estean brandas. Sacámolas do aceite e escorrémolas.
- Batémo-los ovos, salgámolos e mesturámolos coas patacas.
- Quentamos a tixola cun chisco de aceite, botamos a mestura de ovos e patacas e facemos a tortilla. (pouco tempo por cada lado para que non quede seca)
- Tortilla de pementos: Cortámo-los pementos limpos en tiras delgadas e o allo en tiras finiñas e cociñámolos nunha tixola con aceite a fogo baixo ata que estean brandos. Engadimos un chisco de sal.
- Batémo-los ovos, salgámolos e mesturámolos cos pementos
- Quentamos unha tixola cun chisco de aceite, botamos nela a mestura de ovos e pementos e facemos a tortilla. (pouco tempo por cada lado para que non quede seca)
- Tortilla de bacallau: Amolecémo-la cebola nunha tixola con aceite e sal.
- Cando a cebola estea branda engadímo-lo bacallau e refogamos
- Batémo-los ovos, salgámolos e mesturámolos co bacallau.
- Quentamos unha tixola cun chisco de aceite, botamos a mestura de ovos e bacallau e facemos a tortilla. (pouco tempo por cada lado para que non quede seca)
- Montámo-la tortilla: Pomos nun prato grande primeiro a tortilla de patacas, logo a de pementos e por riba de todo a de bacallau. Adornemos cunha tiras de pemento asado ou pementos fritidos.
Nota:
- Se a queres facer máis contundente podes pór entre as tortillas lascas de queixo ou/e maionesa.
- Par esta tortilla cómpre unha tixola grande, polo menos de 28cm. de diámetro para que as tortillas queden delgadas e non avulten moito ó montalas.
Tempo: 45 minutos
Comensais: 8 persoas
Posted by casdeiro under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en Caldo de Castañas
Receita: Caldo de Castañas
Ingredentes
- 1/2 k de castañas
- 1 anaco de touciño ou orella de porco
- 2 cebolas
- 1 dente de allo
- 2 culleradas de vinagre
- 1 vaso de aceite
- sal
(máis…)
Posted by casdeiro under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en Sopa de Castañas (1)
Receita: Sopa de Castañas (1)
Ingredentes
- 500grs. de castañas
- 50grs. de manteiga
- 1 cebola grande
- 1 litro de caldo livián (Vitela, polo ou porco + verduras+ herbas aromáticas+ desengrasalo)
- 100grs. de nata (crema de leite)
(máis…)
Posted by casdeiro under Arroces, Cociña galega
Comentarios desactivados en Lumbrigante con Arroz
Receita: Lumbrigante con Arroz
Ingredentes
- 1 lumbrigante
- 6 camaróns
- 1 vaso de arroz
- 1 litro de caldo de peixe
(máis…)
Etiquetas: aceite de oliva, allos, arroz, azafrán, brandy, caldo de peixe, camaróns, cebolas, cenorias, lumbrigante, perexil, pescada, porros, tomate, whisky
Posted by casdeiro under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en Potaxe de Garavanzos
Receita: Potaxe de Garavanzos
Ingredentes
- 1Kg Garavanzos
- 1 Orella de porco (curada)
- 2 Patas de porco (curadas)
- 1 Kg de patacas
- 100 g de macarróns (caracol)
- 1 Óso de vacún
- 1 Cebola
- 1 chisco de azafrán ou córante
- Aceite e sal
(máis…)
Posted by casdeiro under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en Sopa de Marisco
Receita: Sopa de Marisco
Ingredentes
- 1.5 l. de caldo de peixe
- congro, cabezas de pescada, outros desperdicios de peixe
- cebola, porro, cenoria, allo
- un chorro de aceite
- 25 ameixas
- 4 cigalas ou lagostinos grandes
- ½ Kg de rape
- 1 cebola
- 1 cenoria
- 1 cullerada chea de fariña
- ½ vaso de viño branco do pais
- 200 ml. de tona líquida (nata do leite)
- Pan
- Aceite e sal
Descrición
- Co congro, cabezas de pescada, outros desperdicios de peixe, cebola, porro, cenoria, allo e un chorro de aceite facemos un caldo de peixe, que coamos e reservamos.
- Abrímolas ameixas cun chisco de auga, reservámolas e a auga que soltaron, coada, engadímoslla ó caldo de peixe.
- Cortámolo pan en cadradiños e metémolo ó forno a torrar. Reservamos.
- Picámola cebola maila cenoria moi miudiño e refogámolas nunha tixola con aceite.
Cando estea dourada pomos as cigalas cortadas ó longo, ou os lagostinos enteiros, pra que se fagan un pouco.
- Cando estean feitas as cigalas sacámolas e reservámolas.
- Engadímoslle logo á cebola o viño e deixamos reducir un pouco antes de botar a fariña,
- Remexemos un chisco, botamos o caldo de peixe, a tona líquida e cocemos 5 minutos máis.
- Engadímolas ameixas e o rape cortado en dadiños e deixamos repousar todo un pouco antes de servir.
- Ó servir pór en cada seu prato unha cigala reservada e o pan torrado
Notas
Se non vos gusta tan lixeira, podedes engadir puré de pataca, sémola de trigo ou pan relado pra espesala un pouco máis
Comensales: 4
Etiquetas: aceite, allos, ameixas, cebolas, cenorias, cigalas, congro, fariña, langostinos, marisco, pan, peixe, pescada, porros, rape, sopa, tona, viño
Posted by casdeiro under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en O Caldeiro
Receita: O Caldeiro
Ingredentes
- 1 orella de porco salgada
- 1 pata de porco salgada
- 1 fociño de porco salgado
- 250 g de touciño magro curado
- 1 lacón pequeno
- 4 chourizos
- 100 g de touciño branco curado
- 4 dentes de allo
- 2 porros
- 1 cebola
- 500 g de garavanzos ou patacas (1,5 Kg)
- especias (pemento doce, pemento picante ou caiena, comino e especias para callos)
- aceite
- limón
- sal
(máis…)
Etiquetas: aceite, allos, caldeiro, cebolas, chourizos, comino, garvanzos, lacón, patacas, pementa, pemento, porco, porros, touciño
Posted by casdeiro under Carnes, Cociña galega
Comentarios desactivados en Rabo de Boi Guisado
Receita: Rabo de Boi Guisado
Ingredentes
- 2 Rabos de boi (vaca, vitela, touro)
- 3 cebolas medianas
- 2 cenorias
- ½ pemento verde
- ½ litro de viño (tinto e branco 50%-50%)
- 1 culleradiña de pemento
- 80 ml de aceite
- Sal e pementa negra moída
(máis…)
Posted by casdeiro under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Bacallau con Cachelos e Pasas
Receita: Bacallau con Cachelos e Pasas
Ingredentes
- 4 talladas de bacallau salgado
- 10 patacas medianas
- 1/2 cebola
- 2 dentes de allo
- Un puñado de pasas
- Fariña
- aceite
- sal
(máis…)