Entries tagged with “castros”.


Camiño adiante, triste sin congoxa,
a frente erguida, o paso ventureiro,
ó lombo un pau e nel cangada a roupa
envolveita nun pano, o pensamento
na chouza en que viveu seus anos mozos,
o amor á terra en que naceu no peito,
unha visión de brétema nos ollos
e unha copra nostálxica nos beizos,
camiño adiante… adiante… ¡sempre adiante!
alónxase da aldea o bo labrego. (máis…)

A 14 quilómetros de Lugo atópase o conxunto monumental de Santa Eulalia de Bóveda, nunha aldea que conserva a súa arquitectura popular, situado nunha comarca de abundantes vestixios arqueolóxicos. Ó seu arredor concéntrase túmulos neolíticos, mámoas ou medorras, e castros da Idade de Ferro. Próxima a el pasaba a romana vía XIX, que partía da capital da Gallaecia setentrional, Lugo ata chegar a Braga, a capital da Gallaecia meridional.
(máis…)

Afortunadamente, non falta de todo o material pra este estudio, anque nós soamente fagamos aquí un rápido reconto dos tipos esenciais.

(máis…)

O espacio circular é protector, segundo a crenza de moitos galegos. Circulares eran as vivendas dos castros celtas; similar tendencia apréciase nas insculturas rupestres ou petroglifos da época castrexa: espirais, círculos concéntricos e roscas. Tamén as pallozas das montañas orientais galaicas tenden ó círculo e circulares son os fornos de coce-lo pan.
(máis…)

A serra dos Ancares, no límite das provincias de Lugo e León, conserva aínda os últimos exemplos dunha das máis primitivas construccións do continente europeo e reflexo do patrimonio cultural de Galicia: as pallozas
(máis…)