Entries tagged with “casar”.


Eu queríame casare

miña nai non teño roupa

casa miña filla casa

que unha perna tapa outra

Fixeche unha saia nova
pensando que te casabas,
inda has de facer outra
e has de quedar como estabas.

Non te cases cun ferreiro

que é moi malo de lavar

cásate cun mariñeiro

que ven lavado do mar.