Vitela asada con verduras
Ingredientes:
- 1 peza de “espaldilla” 2 kg.
- 6 cenorias
- 1 cabaciño
- 150 pemento vermello
- 150 g de pemento verde
- 200 g de cebola francesa ou “chalotas”
- 6 patacas medianas
- Tomiño
- Pementa negra moída
- 100 ml de Brandy
- 100 ml de viño branco
- 2 culleradas de vinagre branco
- 300 ml de caldo de ósos
- Aceite de oliva
- Sal
Para o adubo
- Unhas pólas de Perexil
- 3 dentes de allo
Para o prebe
- 25 g de queixo azul
- 20 g de manteiga de leite
- 250 g de nata de montar
- Pementa moída
Preparación:
- En primeiras preparámo-la carne sacándolle cun coitelo moi ben afiado a tea que o cobre por unha das partes.
- Preparámo-las verduras e para iso cortámo-las cenorias en rodas, o cabaciño en anacos medianos, os pementos en bastóns, as cebolas en anacos medianos e as patacas pelámolas e cortámolas en cuartos.
- Acendémo-lo forno a 200ºC para que vaia quecendo.
- Logo diso machucámo-lo perexil xunto co sal e o allo e con iso adubámola carne.
- Deseguido, selámola nunha tixola grande cuns 100 ml de aceite de oliva.
- Cando a carne estea selada, colocámola na bandexa do forno.
- Logo diso, metémo-las verduras na tixola e refogámolas xunto coas patacas.
- Botamos agora as verduras xunto coas patacas na bandexa ó redor da carne, empoámolo todo cun chisco de sal e pementa moída; regámolo co brandy, o vinagre, o viño branco máis os 300 ml de caldo de osos e metémo-lo ó forno polo decurso duns 50-60 minutos. Vixiade que non se vos queime se así fora póndelle un papel de aluminio por enriba.
- Entrementres asa a vitela, facémo-lo prebe e para iso desfacemos o queixo nunha tixola cuns 20 g de manteiga, logo diso engadímola nata e empoámolo coa pementa moída, ó noso gusto, e deixamos que espese un chico.
- O sacala do forno cortámo-la peza en rebandas e servímola coas verduras acompañada co prebe para que cada quen se sirva.
Nota:
- A “espaldilla” e un corte de carne que se atopa na parte alta da pa ou omoplata da res.
- Un truco para que non seque e meter unha cunca con auga no forno para que deprenda vapor.
Tempo: 80 minutos Comensais: 6 persoas
Etiquetas: aceite de oliva, allo, brandy, cabaciño, caldo de ósos, carne, cenorias, chalotas, manteiga, nata, patacas, pementa negra moída, pemento verde, pemento vermello, perexil, queixo azul, sal, tomiño, vinagre branco, viño branco
Posted by Crisanto under Carnes, Cociña galega
Comentarios desactivados en Albóndegas con ovos agochados
Albóndegas con ovos agochados
Ingredientes:
Para as albóndegas
- 8 ovos
- 400 g de carne picada de porco
- 1 cebola nova (100g)
- 1 allo porro, a parte branca
- 1 dente de allo
- 1 cullerada de perexil picado
- 1 ovo
- Pementa branca
- Fariña, ovo e pan relado para rebozar
- Aceite de oliva e sal
|
Para o prebe:
- 1 cebola grande (300g)
- 1 pemento verde italiano (100g)
- ½ pemento vermello (150g)
- 1 allo porro, a parte verde
- 1 cenoria
- 2 culleradas de tomate fritido
- Caldo de carne
|
Elaboración:
- Pomos a cocer os ovos en auga con sal polo decurso duns 8 minutos; logo diso arrefriámolos, sacámoslles a casca e reservámolos.
- Namentres, picamos miudiños a cebola nova mailo allo porro e amolecémolos nunha tixola cun fondo de aceite e un chisco de sal.
- Logo diso mesturámolos coa carne picada mailo allo sen o xermolo para que non repita mailo perexil moi picadiños, o ovo batido, o sal necesario, pementa ó gusto e amasamos coas mans ben limpas.
- Afastamos uns 50 g desta mestura e co resto facemos 16 partes iguais.
- Cortámo-los ovos pola metade ó longo, sacámoslle a xema, mesturámola cos 50 g de carne afastada e reenchemos os ocos dos ovos.
- Esmagamos os 16 anacos de carne picada que temos reservados, facemos obleas redondas coas que envolvemos os ovos reenchidos e facemos 16 albóndegas
- Rebozámolas en fariña, e ovo e fritímolas en aceite ben quente; logo diso botarémoslles o prebe que faremos despois e deixarémolas cocer nel durante uns 5 minutos.
- Para facer o prebe, amolecemos, nuns 50 ml do mesmo aceite de fritirmos as albóndegas, a cebola, os pementos verde e vermello, a cenoria e a parte verde do allo porro, todos eles picados; cando estean moles, engadímo-lo tomate mailo caldo e deixamos cocer durante uns 15 minutos; logo diso triturámolo e botámolo nas albóndegas cos ovos agochados. Deixamos que cozan xuntos uns 2 minutos.
Nota:
- Se o prebe ficara pouco espeso podemos espesalo desfacendo maicena en aceite e engadirlla ó prebe. Tamén podemos botar, sempre coada, fariña desfeita en auga fría.
- O mellor é comelas logo de darlles unhas horas ou ata 1 día de repouso.
- Tamén podemos trocar o prebe por unha fritada de cebola e pemento verde italiano cortado en tiras e pemento vermello asado, tamén en tiras e algo de tomate fritido
- Tempo: 50 minutos Comensais: 4 persoas
Posted by Crisanto under Carnes, Cociña galega
Comentarios desactivados en Carne ó caldeiro
Receita: Carne ó caldeiro
Ingredientes
- 2 kg de carne de pote (faldra sen costela)
- 8 patacas
- 100gr de unto
- 1 dente de allo
- Pemento doce ou picante
- Sal mariño
Descrición
- Cortámola carne en anacos grandes, (aprox. 100 gr.) e metémolos nunha pota grande con auga, o unto, un pouco de sal mariño e pómolo a cocer de vagar.
- Cando a carne estea case cocida (picámola cun garfo para sabelo), engadímolas patacas peladas e cortadas en cachelos (ó través en anacos grandes) e deixámolas ferver. Con 20 minutos teñen dabondo para estaren cocidas.
- Escoamos todo e botámolo nunha fonte, esparexemos pemento por riba, un dente de allo picado miúdo, un pouco de sal groso e regámolo con aceite cru.
- Servímolo quente
Notas
Se ó cocela carne non temos unto podemos botar manteiga de porco ou touciño branco curado. Non sabe igual pero…
Duración: 80 minutos
Comensales: 8 persoas
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.
Posted by casdeiro under Carnes, Cociña galega
Comentarios desactivados en Moados
Receita: Moados
Ingredentes
- Harina
- Huevos
- Aceite
- Leche
- Agua
- Carne
(máis…)
Posted by casdeiro under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en Receita: Caldo galego
Caldo galego
Ingredientes
- 100 g de feixóns brancos
- 1/2 Kg de patacas
- 1 mañuzo de grelos, ou nabizas
- unhas follas de berza galega (opcional)
- 50 g de unto envolto en fariña de millo
- 1 óso de xamón ou un anaco de touciño (opcional)
- 1 chourizo (opcional)
- 1 anaco de carne de pote ou de costela sen adubar
- aceite cru de oliva
- 3 l de auga
- sal