Entries tagged with “carballo”.


Os pinos montañeses dan aos ventos
cantigas vagorosas,
bordadas con queixumes e lamentos
nas tardes bretemosas. (máis…)

Quero compartir convosco este simpático poema de Manuel María (do seu libro Terra Chá), no que lle fala a unha árbore galega que emigrou para o País Vasco.
(máis…)

Os druídas preséntanse a miúdo como sacerdotes da relixión celta pero o seu papel envolvía moitos aspectos máis. Hai quen afirma que eran prácticos en dereito, medicina, educación, ciencias, poesía e historia; e hai quen os xulga sanguinarios e crueis, pois é fama que realizaban sacrificios humanos. Os bardos, poetas, oradores e músicos eran os que exhortaban ós guerreiros, e outras xerarquías estaban consagradas á instrucción da mocidade.
(máis…)

Como lembranza do pasado, na nosa cultura cristiá occidental, perviven elementos míticos, a pesar da posición da igrexa católica, que intentou desprestixiar concilio tras concilio, diversos cultos procedentes de vellas relixións, entre os que atopamos o culto ás árbores.
(máis…)

O espacio circular é protector, segundo a crenza de moitos galegos. Circulares eran as vivendas dos castros celtas; similar tendencia apréciase nas insculturas rupestres ou petroglifos da época castrexa: espirais, círculos concéntricos e roscas. Tamén as pallozas das montañas orientais galaicas tenden ó círculo e circulares son os fornos de coce-lo pan.
(máis…)