Entries tagged with “camaróns”.


Berenxenas recheas de bacallau

Ingredientes:

* 400 g de bacallau

* 12 camaróns

* 2 berenxenas

* 1 cebola

* 1 pemento verde

* ½ pemento vermello

* 1 cenoria

* 1 dente de allo

* 1 culler  de fariña

* ½ vaso de caldo de cocelas cabezas e as cascas dos camaróns

* Aceite de oliva

* Sal

Descrición:

  1. Desalgámo-lo bacallau, 48 ou 24 horas, segundo sexa mais groso ou máis delgado.
  2. Secámolo e esmigallámolo facendo anaquiños miúdos. Reservamos.
  3. Pelamos e picámo-los camaróns. Reservamos.
  4. Cocémo-las cabezas dos camaróns nunha pota con 200 ml de auga, (5 minutos) tapámola para non perder líquido, trituramos e coamos por un coador de arame. Reservámo-lo caldo.
  5. Lavámo-las berenxenas, sacámoslle o rabo e partímolas ó longo.
  6. Coa axuda dunha culler e dun coitelo sacámoslle a carne as berenxenas. Facédeo con xeito sen furar a casca para quede como unha barquiña sen moita carne.
  7. Picamos miúdo a carne das berenxenas, a cebola, os pementos verde e vermello maila cenoria e o dente de allo.
  8. Pomos unha tixola grande ó lume con 3-4 culleres de aceite e botamos nela a verdura picada e deixamos que se faga ata que estea ben amolecida.
  9. Botamos o bacallau mailos camaróns reservados e deixamos que se fagan un par de minutos.
  10. Engadimos a fariña, mesturámola ben e logo engadímo-lo caldo dos camaróns e deixamos cocer para que espese e quede ligado o recheo.
  11. Fritímo-las cascas das berenxena con xeito para que non rompan e enchémolas co recheo.
  12. Pómo-las berenxenas nunha bandexa de forno, cubrímolas con pan relado e despois de regalas cuns fíos de aceite de oliva metémolas no forno quente a grellar para que douren un pouco por riba,  uns cinco minutos, antes de servir.

Notas

  • Podes empregar lagostinos en troques dos camaróns e cambiar o leite por caldo de peixe ou nata.

Tempo: 45 minutos

Comensais: 4

Ingredientes:

* 4 talladas de bacallau salgado

* 200 g de ameixas

* 12 Camaróns

* ½  cebola

* ½ pemento verde

* 1 tomate maduro

* 50 g touciño febra pouco curado

* ½ vaso de viño branco galego

* 100 ml de caldo de peixe

* Pemento doce

* 2 dentes de allo

* 1 culler de fariña

* Unhas pólas de perexil

Descrición:

  1. Picamos miúdo a cebola, o pemento, o tomate sen pel nin pebidas mailos allos e pómolos nunha pota de barro con 3 culleres de aceite e deixámolos amolecer. A pota de barro ten que ser non moi alta e ampla para que caiban as talladas.
  2. Cando a cebola estea branda, afastamos do lume se está moi quente, e engadimos pemento doce, cunha culler de sobremesa teremos dabondo, tendo coidado que non se queime.
  3. Engadimos a culler de fariña, revolvemos ben e deixamos facerse un pouco; logo disto engadimos o caldo de peixe, o viño branco, o touciño cortado en anacos e unha culler de perexil picado.
  4. Deixamos coce-la salsa ata que engorde e remexendo para que non se apegue.
  5. Nun pota aparte abrímo-las ameixas e engadímo-lo caldo que solten á salsa. Neste intre probámo-la salsa e salgamos se for necesario. Ollo co sal pois o touciño e o caldo das ameixas son salgados.
  6. Engadímo-lo bacallau, as ameixas mailos camaróns, e cando rompa a ferver de seguido apagámo-la placa, esparexemos perexil picado por riba, tapamos e deixamos repousar enriba da placa ata que estea a temperatura de servilo (uns 10-15 minutos).

Notas:

  • Podemos empregar para este prato bacallau fresco e farémo-lo  caldo de peixe co pel, a espiña e outro anaco dun peixe máis corrente.
  • Esta receita fíxena con viño branco galego da bisbarra de Monterrei concretamente con viño do meu amigo Lolo pero podedes empregar calquera outro viño branco.
  • Se non tedes a man touciño de febra podedes empregar xamón, aínda que esta salsa leva touciño e non xamón.
  • E se non tedes camaróns ponde lagostinos ou outro marisco que teñades máis a man.

Tempo: 1 hora

Comensais: 4

Receita: Lumbrigante con Arroz

Ingredentes

  • 1 lumbrigante
  • 6 camaróns
  • 1 vaso de arroz
  • 1 litro de caldo de peixe

(máis…)

Receita: Cunchas de Vieiras cheas de Marisco

Ingredentes

  • 8 Vieiras
  • 8 lagostinos
  • 8 camaróns
  • 4 rodas de pescada
  • 4 rodas de rape

(máis…)

Receita: Pescada Chea de Centola

Ingredentes

  • 1 pescada grande
  • 250g. de ameixas
  • 1 centola

(máis…)

Grellada de Peixes e Mariscos

Ingredentes

  • 1 lumbrigante
  • 1/2 Kg de ameixas
  • 1/2 Kg de mexillóns
  • 1/2 Kg de camaróns
  • 1/2 Kg de lagostinos
  • 4 cigalas
  • 4 rodas de rape
  • 4 rodas de pescada
  • 1 rodaballo
  • 16 navallas
  • 1 vaso de aceite de oliva
  • Sal
  • 1 limón

(máis…)

Receita: Mexillóns Recheos

Ingredentes

  • 2 kg. mexillóns grandes
  • 2 follas de loureiro
  • 1/2 vaso de viño branco

(máis…)

Receita: Fideos con vieiras, berberechos e camaróns

Ingredientes

  • 500 g de fideos gordos tipo “fideuá”
  • 6 vieiras
  • ½ kg de berberechos
  • 250 g de camarón pelados
  • 1 litro de caldo de peixe
  • 1 vaso de albariño
  • perexilPara o sofrito
  • 4 espárragos verdes
  • 1 cebola mediana
  • 1 tomate maduro
  • 1 pemento verdes
  • Azafrán ou colorante alimentario
  • 1 culleriña de pemento docePara a maionesa
  • 1 ovo
  • ½ dente de allo
  • ½ limón
  • aceite de oliva
  • sal
  • 1 culleriña de pemento doce