Entries tagged with “caldo”.


Berenxenas á grella con cabala

 

Ingredientes:

  • 4 Berenxenas

Para o recheo:

  • 600g de cabalas
  • 1 cebola (200g)
  • 1 dente de allo
  • 3 tomates maduros
  • Aceite de oliva e sal

Para facer a salsa:

  • 1 cebola (200g)
  • 1 dente de allo
  • 100 g de pemento verde italiano
  • Caldo (uns 400ml)
  • Aceite de oliva e sal

 

Elaboración:

  1. Cortámo-las berenxenas pola metade ó longo, baleirámolas coa axuda dunha culler, picámola carne e reservámola.
  2. Fritímo-las cascas das berenxenas en abundante aceite quente e reservámolas
  3. Limpámo-las cabalas sacándolles a cabeza, as tripas, a pel mailas arganas e picámola carne en dados.
  4. Facémo-lo recheo: Nunha tixola con aceite amolecémo-la cebola mailo dente de allo a fogo maino; cando estean algo moles, tomate pelado sen pebidas e picado; case seguido incorporámo-la carne das berenxenas e deixamos que se faga uns minutos; logo diso botámo-la carne das cabalas e deixamos que se faga uns minutos máis. Rectificamos de sal.
  5. Agora facémo-la salsa: amolecémo-la cebola, o pemento mailo allo, todos eles picados, a fogo maino; logo botámoslle o caldo e deixámolo cocer durante uns 15 minutos. Cando estea un chisco espeso, triturámolo e pasámolo polo coador de arame.
  6. Reenchémo-las cascas de berenxenas con este recheo cubrímolas coa salsa e metémolas ó forno a grellar.
  7. Servímolas en pratos chairos decorados cunha cullerada da mesma salsa

 

Nota:

  • Podemos empregar xurelos, anchoas ou sardiñas cando é a tempada deles

 

Tempo: 40 minutos

Comensais: 4

Receita: Caldo de Castañas

Ingredentes

  • 1/2 k de castañas
  • 1 anaco de touciño ou orella de porco
  • 2 cebolas
  • 1 dente de allo
  • 2 culleradas de vinagre
  • 1 vaso de aceite
  • sal

(máis…)

Receita: Sopa de Castañas (1)

Ingredentes

  • 500grs. de castañas
  • 50grs. de manteiga
  • 1 cebola grande
  • 1 litro de caldo livián (Vitela, polo ou porco + verduras+ herbas aromáticas+ desengrasalo)
  • 100grs. de nata (crema de leite)

(máis…)

Era unha viúva moi pobriña e tiña un fato de fillos pequechos.
Un día, o máis grandiño, que apenas xa era coma unha frangulla, foí e díxolle:

(máis…)

Caldo galego

Ingredientes

  • 100 g de feixóns brancos
  • 1/2 Kg de patacas
  • 1 mañuzo de grelos, ou nabizas
  • unhas follas de berza galega (opcional)
  • 50 g de unto envolto en fariña de millo
  • 1 óso de xamón ou un anaco de touciño (opcional)
  • 1 chourizo (opcional)
  • 1 anaco de carne de pote ou de costela sen adubar
  • aceite cru de oliva
  • 3 l de auga
  • sal

Receita: Caldo galego con carne

Ingredientes

  • carne fresca de vitela (“falda” ou jarrete)
  • costela de porco e touciño salgados
  • un chourizo
  • 500 g de patacas
  • uns mañuzos de grelos ou un repolo
  • fabas brancas
  • 50 g de unto