Entries tagged with “caldo de carne”.


Coello con castañas

 

Ingredientes:

  • 1 coello
  • 20 castañas cocidas
  • 12 albaricoques secos
  • 1 cebola
  • 1 pemento verde italiano ( 50 g)
  • 2 tomates ben maduriños e pelados
  • 2 cenorias
  • 100 g de touciño entrefebrado
  • Caldo de carne
  • 100 ml de brandy
  • 200 ml de viño branco
  • 2 dentes de allo
  • Perexil
  • Tomiño
  • Aceite e sal

 

Preparación:

  1. En primeiras botamos nunha cunca os albaricoques secos e pómolos a remollo co brandy.
  2. Machucamos allo con perexil e sal e adubámo-lo coello cortado en talladas grandiñas.
  3. Nunha cazarola baixa e ampla con aceite engadímo-las talladas de coello e dourámolo. Cando estea afastámolo da cazarola e reservámolo
  4. Na mesma cazarola engadimos agora a cebola mailo pemento en xuliana, as cenorias picadas xunto co touciño cortado en bastonciños e facémolos a fogo maino En canto estea branda e algo dourada a cebola engadímo-los tomates relados.
  5. Logo dun par de minutos engadímo-lo coello reservado, un pouco de tomiño, o brandy de remolla-los albaricoques, o viño branco e deixamos que evapore o alcohol. Logo botamos caldo de carne ata case cubrilo e deixamos que guise todo xunto uns 25 minutos ou ata que o coello estea feito.
  6. Cinco minutos antes de rematar co guiso engadímo-las castañas mailos albaricoques.
  7. Levámolo á mesa nunha bandexa alongada adornando coas castañas e os albaricoques polo redor.

 

 

Tempo: 60 minutos                                                  Comensais: 4

Sopa de champiñóns e orella de porco

Ingredientes:

  • 1 bandexa de champiñóns (250g)
  • 1,5 litros de caldo de carne
  • 1 cebola mediana
  • 1 dente de allo
  • Pan para fritir
  • 1 orella de porco
  • Aceite
  • Sal

Descrición:

  1. Nunha pota con aceite botámo-la cebola mailo allo picados miúdos e deixámolos amolecer uns 5 minutos a fogo suave.
  2. Engadímosllos champiñóns limpos e esnacados, deixamos que se fagan un pouco, logo engadímolo caldo de carne e deixamos que se fagan xunto coa cebola.
  3. Triturámolo todo, coamos e pomos a punto de sal.
  4. Cocémola orella e cortámola, tamén en cadradiños e reservamos.
  5. Cortámo-lo pan en cadradiños, fritímolo en aceite e escorremos en papel de cociña.
  6. Servírmolo botando nos pratos cadanseus anacos de orella e uns cazos de sopa
  7. Enriba desta botamos un fío de aceite cru para adornar.
  8. Acompañamos en pratiño aparte os anacos de pan fritidos para que o comensal os bote por riba da sopa no intre de degustala..

Notas:

  • A orella podémola mercar  crúa ou salgada  e cocela logo aparte ou podes mercar orella que ven cocida e prensada en bloques coma friame.
  • O caldo de carne podémolo facer con carne de vacún ou de polo
  • Os cogomelos axeitados para este prato poden seren champiñóns, seta ostreira, boletos, níscaros, etc. Segundo sexa a variedade de cogomelo será ou seu sabor.

Tempo: 20 minutos

Comensais: 4

Recipe: Crema de grelos con chourizo

Ingredients

  • 2 mañuzos pequenos de grelos
  • 1 chourizo caseiro
  • 1 litro de caldo de carne
  • 1 cebola
  • 1 dente de allo
  • 1 pataca mediana
  • Aceite e sal

Instructions

  1. Picámo-la cebola mailo allo e dourámolos nunha pota cun pouco aceite.
  2. Cando estea dourada a cebola engadímoslle a metade do chourizo cortado en anacos pequenos.
  3. Engadímoslle o caldo e deixamos cocer.
  4. Namentres, limpámolos grelos e cocémolos xunto coa pataca cortada no decurso de 20 minutos.
  5. Escoámo-los grelos maila pataca e botámolos no caldo que xa estaba a ferver e deixámolo ferver 5 minutos máis.
  6. Logo disto triturámolo co batedoiro eléctrico e coámola crema, dándolle logo o punto de sal. Canto máis fino sexa o utensilio de coar máis suave quedará a crema.
  7. A outra metade do chourizo cortámola en cadradiños e dámoslle unha pequena fritidela na tixola.
  8. Ó servila crema pomos uns cadradiños de chourizo en cadanseu prato e un fío de aceite cru para adornalo.

Duración: 45 minutos

Comensais: 6 persoas

Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.