A festa do Entroido posúe un acentuado carácter gastronómico: é momento de fartura e de abundancia na mesa, antítese do tempo de prohibición que se aveciña, a Coresma. Celébranse comidas familiares e veciñais, festas gastronómicas, peticións de alimentos polas casas, agasallos e invitacións mutuas. A gran comida ten lugar Martes de Entroido ou Lardeiro (de lardo = graxa do porco); nalgunhas zonas trasládase ó Domingo Lardeiro ou ó xoves anterior, chamado tamén Xoves Lardeiro.
Entries tagged with “cachucha”.
Did you find what you wanted?
Xov 1 Abr 2004
O Entroido en Galicia (e IV): Gastronomía
Posted by casdeiro under Etnografía do pobo galego
Comentarios desactivados en O Entroido en Galicia (e IV): Gastronomía