Arroz negro con froitos da mar
Ingredientes:
- 400 g de arroz
- 1 lura
- 24 mexillóns
- 24 ameixas
- 30 bígaros
- 1 cebola mediana
- 1 pemento verde
- ½ pemento vermello
- 2 dentes de allo
- 1 sobre de tinta de lura
- Aceite de oliva
- Sal
Descrición:
- Pomos unha cazola ó lume con 3 vasos de auga e cando ferva botamos nela os mexillóns limpos e deixámolos coceren. Segundo abran ímolos quitando e sacándolles a carne. Reservamos.
- Logo na mesma cazolo botámo-las ameixas e segundo abran quitámolas e sacámoslles a carne que xuntamos coa dos mexillóns.
- Agora tamén na mesma cazola botámo-los bígaros e deixámolos coceren 3 minutos. Logo disto quitámolos da cazola e cun alfinete sacámoslle a carne e reservamos coa das ameixas e mexillóns.
- Coámo-lo caldo das coccións e reservámolo.
- Nunha cazola baixa e ampla con aceite amolecémo-la cebola, o allo mailos pementos picados miudiños.
- Cando estea mol engadímo-la lura limpa e cortada en tiras non moi grandes e refogamos uns 2 minutos
- Logo engadímo-lo arroz e refogámolo un pouco antes de botar a auga da cocción coada. (2 medidas de auga por 1 de arroz). Neste intre engadimos tamén a tinta de lura mesturada coa auga e pomos a punto de sal.
- Pómolo a fogo forte uns 8 minutos e logo 12 minutos a fogo baixo só para que se manteña a fervura.
- Uns minutos antes de rematar o tempo engadimos os mexillóns, as ameixas mailos bígaros.
Notas:
- Podemos engadir outros “froitos” da mar e pór aqueles que máis non gusten
Tempo: 40 minutos
Comensais: 4