Entries tagged with “auga”.


Biscoito  esponxoso

 

Ingredientes: 

  • 5 ovos
  • 250 g de azucre
  • 250 g de fariña triga
  • 50 ml de auga
  • 25 ml de aceite de oliva ou xirasol
  • 8 g de lévedo químico en po
  • 1 chisco de sal
  • 1 cullerada de esencia de vainilla
  • 1 limón, o relado
  • Manteiga para engraxar

 

Preparación:

  1. Acendémolo forno a 175ºC para que vaia quecendo
  2. Por outra banda engraxamos un molde desmontable de 22 cm e cubrímo-la base con papel antiadherente de enfornar.
  3. Afastámo-las claras das xemas e montámolas a piques de neve cun chisco de sal coa axuda das variñas do batedor eléctrico; cando estean a medio montar engadímoslle 125 g de azucre e seguimos montando ata que estean firmes. Reservámolas.
  4. Nunha cunca botamos as xemas de ovo xunto coa auga, o aceite, o resto do azucre maila esencia de vainilla e batémolas ben coas variñas do batedor eléctrico; logo diso mesturamos a fariña co lévedo, peneirámola cun coador de arame e incorporámola ós poucos ás xemas. Agora botamos ós poucos as claras, nunhas 3 veces, e mesturámolas devagar con movementos envolventes coa axuda dunha espátula para que non escape o aire atrapado nelas.
  5. Logo diso botamos o amoado no molde engraxado e metémolo, centrado en altura, no forno xa quente, polo decurso de 55 minutos. Comprobamos que estea cocido picándoo cun espeto de madeira; se sae limpo xa está cocido.
  6. Sacámolo do forno e desmoldámolo cando aínda estea algo morno.

 

Nota :

  • Esta receita é para un molde de 22 cm. e 55 minutos de forno se fora distinto, o tempo de forno variaría. Máis diámetro menos tempo.
  • As cantidades son por cada ovo, 50 g de fariña, 50 g de azucre e 15 ml de liquido. Os líquidos poden ser auga, zumes, leite, aceite, manteiga ou margarina fundidas, licores, etc. sos ou mesturados pero sempre 15 ml por ovo.
  • Se o biscoito sae abombado é que o forno está moi quente e tés que baixalo. Cada forno é un mundo, tés que facer probas ata conseguir que coza en 55 minutos.
  • Se o fixeches ben e queres que o biscoito quede chairo por arriba dálle a volta sobre o mesado antes de desmoldalo.
  • Podes decoralo empoándoo con azucre moído.

 

Tempo: 30 minutos                                                         Comensais: 48

Pasta “Choux”

 

 Ingredientes:

  • 150g de fariña de trigo coada
  • 200ml de auga
  • 4 ovos grandes (L)
  • 90g de manteiga do leite sen sal
  • 1 culler de azucre
  • 1 chisco de sal

 

Descrición:

  1. Botamos nunha pota a auga, a manteiga, a manteiga, o azucre mailo sal e pómolo a ferver ata que se desfaga a manteiga e comece a ferver.
  2. Cando comece a ferver baixamos o lume, engadímo-la fariña dun golpe e de seguido remexémolo cunha culler de madeira ata que se mesture toda. Uns 5 minutos.
  3. Afastamos do lume pero seguimos traballando a masa ata que estea ben mesturada, compacta e homoxénea. Vén sendo 1-2 minutos.
  4. Deixamos amornar  a masa antes de engadir os ovos.
  5. Engadimos o primeiro ovo e mesturámolo ben na masa axudados pola culler de pau. Cando estea ben integrado engadímolo seguinte e mesturamos e así ata ter incorporados os 4 ovos.
  6. Traballámola ben ata obter unha masa homoxénea compacta e cremosa.
  7. A pasta “choux” xa está feita só resta empregala

 

 

Notas:

  • Segundo en que a vaiamos a empregar podemos engadirlle máis ou menos azucre ou sen el só con sal para facer recheos de verduras con queixo ou sen el, mariscos ou carnes.
  • Con azucre podemos facer boliños de vento fritidos ou ó forno, recheos de chocolate, crema pasteleira, nata montada, marmelada, “mousse” de turrón; cubertos con chocolate ou azucre moído ou sen moer.
  • A primeira receita coñecida de unha masa para boliños foi recollida Marcus Gavius Apicius  na súa obra De re coquinaria.

 

Tempo: 30 minutos

Eu quixera o teu querer
pouquiño a pouco, morena,
cando chove miudiño
queda máis auga na terra

Nas crenzas e supersticións de Galicia, as augas teñen un culto que se pode calificar de tradicional e xeral, sen dúbida polas súas condicións creadoras e fecundantes. Para os nosos aldeáns as augas son salutíferas, beneficiosas, prolíficas e ata sanadoras.
(máis…)

A lingua galega, amosa un amplo abanico de matices, para expresa-los fenómenos atmosféricos. As expresións do tempo atmósferico, na lingua galega, adoita facerse cos verbos haber e ir, e non co verbo facer, como acostuma o castelán:

Vai ou ir mal tempo / vai ou ir bo tempo…

(máis…)

Artigo moi completo sobre as tradicións galegas do San Xoán, de Fran Morell reproducido da revista Nova Fantasía con permiso do autor.
(máis…)

Complemento da moblaxe son as vasillas que pra diversos fins se atopan na casa, así como as roupas.

(máis…)

A importancia da auga para os galegos procede de tempos moi remotos e ten un culto que se pode cualificar de tradicional e xeral, sen dúbida polas súas condicións creadoras e fecundantes. Para os nosos aldeáns as augas son salutíferas, beneficiosas, prolíficas e ata sandadoras. Xa no século IV da nosa era o campesiño galego facía as súas ofrendas de pan e viño ás fontes.
(máis…)

O muíño é unha máquina que utiliza a forza da auga do río para moe-lo gran. Para iso move dúas grandes pedras e no medio o gran; estas grandes pedras son capaces de converte-lo gran en fariña, sexa de centeo, trigo ou millo.

(máis…)