Monecos de ovos recheos
Ingredientes:
- 4 ovos
- 1 lata (80g) de atún en aceite
- Maionesa
- Tomate fritido ou Ketchup
- Pemento vermello asado
- 4 olivas sen oso
- Cenoria cocida
- Unha folla de leituga
Descrición:
- Cocémo-los ovos 10 minutos en auga salgada. Antes de metelos a cocer picámolos cun alfinete o cunha agulla na parte gorda para que sala por alí o aire que teñen dentro e non rebenten. Arrefriámolos e sacámoslles a casca.
- Cortamos, ó través, os ovos pola parte máis gorda de xeito que podamos sacar a xema e despois podelos asentar sobre o antedito corte. Reservámo-los anacos cortados
- Mesturámo-la metade das xemas coa lata de atún (escorrido o aceite), botándolle un chisco de tomate e unha culler de maionesa.
- Enchemos con esta mestura os ocos dos ovos e pómolos de pé sobre unha cama de leituga moi picada.
- Cortámo-los o pemento en tiras e pomos unha tira enriba de cadanseu ovo, caendo para os lados, para que asemellen brazos.
- Espetamos unha oliva nun pauciño e pómola sobre o pemento coma se fora unha cabeza.
- Pomos tamén espetados, no mesmo pauciño das olivas, os anacos que ficaron de corta-los ovos e sacar as xemas, para que fagan de gorra.
- Facer bastonciños pequenos de cenoria e espetalos no ventre dos ovos e nas olivas para que semellen botóns e ollos.
Tempo: 30 minutos
Tapas: 4