Entries tagged with “amor”.


A casa antiga e nobre deste amor, desta ardencia,
podrece pouco a pouco, despaciosas as trabes
senten os anunciados picores do abandono
e a comechume deixa revelación da febra
desprendida, seremos edificio en ruínas

(máis…)

A raiz do toxo verde

é moi mala de arrincar,

os amoriños primeros

son moi malos de olvidar.

Esta noite hei de ir alá
déixame o postigo aberto;
se cho encontro cerrado
o teu amor non é certo.

Olvidácheme, olvideite,

volvámonos a querer

as herbas do campo secan

e volven a enverdecer.

Foches falar mal de min

a quen tanto me quería,

a ti todo che escoitaba,

a min todo me dicía.

Quixera collerte sola
e contarche o meu querer,
pero ti tes unha madre
que non te me deixa ver.

Fonte: archivo Fillos, enviado por José Mario Vidal

Olvidacheme por pobre.
Eu a ti pol-a riqueza;
non veñas a miña porta
a molestarme a cabeza.

Olvidacheme por pobre.
E terás moita razón;
amor pobre e limón verde
sirven cando hai ocasión.

Fonte: archivo de Fillos, enviado por José Mario Vidal

Algúns estudiosos, ao trataren das orixes da cantiga de amor, falan da existencia de certa tradición autóctona de cantigas populares dedicadas a mulleres e de motivo amoroso. Non obstante, a influencia máis determinante nas nosas cantigas de amor é a cançó provenzal. Así o chegaron a manifestar, de feito, algún dos nosos trobadores. Unha cantiga do rei don Dinís comeza dicindo:
(máis…)

As cantigas de amigo constitúen o xénero máis enxebre da nosa lírica medieval. Aínda que todos os poetas medievais eran homes, a que fala é unha muller. Teñen como tema a erótica feminina, exenta de amor físico. A propia palabra amigo é característica deste xénero.

(máis…)