Entries tagged with “allos”.
Did you find what you wanted?
Mar 16 Feb 2010
Receita: Bacallau con asa de cántaro
Ingredientes
- 1 verza asa de cántaro
- 1 Kg de patacas
- 1 Kg de bacallau
- 1 cebola
- 2 dentes de allos
Descrición
- Desalgámolo bacallau póndoo a remollo 48 horas e cambiando a auga cada 12 horas.
- Limpámola a verza e cortámola xuliana grande. Pelámolas patacas e cortámolas en anacos un pouco grandiños.
- Cocémola verza en abundante auga con sal e un chorriño de vinagre.
- Pasados 20 minutos fervendo engadímolas patacas e deixamos ferver de novo.
- Pasados outros 15 minutos engadímoslles as talladas de bacallau e deixámolo cocer ata que estea feito (5-10 minutos máis). Logo disto escoamos e reservamos.
- Namentres nunha tixola con aceite douramos o allo en lascas e retirámola tixola do lume para que arrefríe antes de botar o pemento, doce ou picante segundo o gusto, removendo ben, incorporando logo 1-2 culler da auga da cocción do bacallau.
- Pomos nunha fonte o bacallau, a verza coas patacas e regámolo todo co rustrido
Notas
A verza asa de cántaro e un repolo enxebre da provincia de Ourense, nesta provincia e moi doado encontralo pero se non o atopades podedes empregar un repolo branco dos de sempre. Esta receita acostumaba facerse nas festas do Nadal. Hoxe aínda o fan algunhas familias por tradición
Comensales: 6 persoas
Tempo: 1 hora
Recipe by on.
Microformatting by hRecipe.
Dom 7 Feb 2010
Posted by casdeiro under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en Caldo de Castañas
Receita: Caldo de Castañas
Ingredentes
- 1/2 k de castañas
- 1 anaco de touciño ou orella de porco
- 2 cebolas
- 1 dente de allo
- 2 culleradas de vinagre
- 1 vaso de aceite
- sal
(máis…)
Mar 15 Dec 2009
Posted by casdeiro under Arroces, Cociña galega
Comentarios desactivados en Lumbrigante con Arroz
Receita: Lumbrigante con Arroz
Ingredentes
- 1 lumbrigante
- 6 camaróns
- 1 vaso de arroz
- 1 litro de caldo de peixe
(máis…)
Etiquetas: aceite de oliva, allos, arroz, azafrán, brandy, caldo de peixe, camaróns, cebolas, cenorias, lumbrigante, perexil, pescada, porros, tomate, whisky
Ven 11 Dec 2009
Posted by casdeiro under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en Sopa de Marisco
Receita: Sopa de Marisco
Ingredentes
- 1.5 l. de caldo de peixe
- congro, cabezas de pescada, outros desperdicios de peixe
- cebola, porro, cenoria, allo
- un chorro de aceite
- 25 ameixas
- 4 cigalas ou lagostinos grandes
- ½ Kg de rape
- 1 cebola
- 1 cenoria
- 1 cullerada chea de fariña
- ½ vaso de viño branco do pais
- 200 ml. de tona líquida (nata do leite)
- Pan
- Aceite e sal
Descrición
- Co congro, cabezas de pescada, outros desperdicios de peixe, cebola, porro, cenoria, allo e un chorro de aceite facemos un caldo de peixe, que coamos e reservamos.
- Abrímolas ameixas cun chisco de auga, reservámolas e a auga que soltaron, coada, engadímoslla ó caldo de peixe.
- Cortámolo pan en cadradiños e metémolo ó forno a torrar. Reservamos.
- Picámola cebola maila cenoria moi miudiño e refogámolas nunha tixola con aceite.
Cando estea dourada pomos as cigalas cortadas ó longo, ou os lagostinos enteiros, pra que se fagan un pouco.
- Cando estean feitas as cigalas sacámolas e reservámolas.
- Engadímoslle logo á cebola o viño e deixamos reducir un pouco antes de botar a fariña,
- Remexemos un chisco, botamos o caldo de peixe, a tona líquida e cocemos 5 minutos máis.
- Engadímolas ameixas e o rape cortado en dadiños e deixamos repousar todo un pouco antes de servir.
- Ó servir pór en cada seu prato unha cigala reservada e o pan torrado
Notas
Se non vos gusta tan lixeira, podedes engadir puré de pataca, sémola de trigo ou pan relado pra espesala un pouco máis
Comensales: 4
Etiquetas: aceite, allos, ameixas, cebolas, cenorias, cigalas, congro, fariña, langostinos, marisco, pan, peixe, pescada, porros, rape, sopa, tona, viño
Xov 10 Dec 2009
Posted by casdeiro under Caldos, cocidos e verduras, Cociña galega
Comentarios desactivados en O Caldeiro
Receita: O Caldeiro
Ingredentes
- 1 orella de porco salgada
- 1 pata de porco salgada
- 1 fociño de porco salgado
- 250 g de touciño magro curado
- 1 lacón pequeno
- 4 chourizos
- 100 g de touciño branco curado
- 4 dentes de allo
- 2 porros
- 1 cebola
- 500 g de garavanzos ou patacas (1,5 Kg)
- especias (pemento doce, pemento picante ou caiena, comino e especias para callos)
- aceite
- limón
- sal
(máis…)
Etiquetas: aceite, allos, caldeiro, cebolas, chourizos, comino, garvanzos, lacón, patacas, pementa, pemento, porco, porros, touciño
Xov 10 Dec 2009
Posted by casdeiro under Carnes, Cociña galega
Comentarios desactivados en Rodas de Xarrete de Vitela
Receita: Rodas de Xarrete de Vitela
Ingredentes
- 1 Xarrete de vitela enteiro
- 2 cebolas grandes
- 1 cenoria
- 2 dentes de allo
- 2 pólas de perexil
- 1 copa de brandy (coñac, “bourbon”)
- Aceite, Sal e pementa
(máis…)
Xov 10 Dec 2009
Posted by casdeiro under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Bacallau con Cachelos e Pasas
Receita: Bacallau con Cachelos e Pasas
Ingredentes
- 4 talladas de bacallau salgado
- 10 patacas medianas
- 1/2 cebola
- 2 dentes de allo
- Un puñado de pasas
- Fariña
- aceite
- sal
(máis…)
Lun 30 Nov 2009
Posted by casdeiro under Cociña galega, Peixes e outros produtos do mar
Comentarios desactivados en Bacallau con Cachelos á Galega
Receita: Bacallau con Cachelos á Galega
Ingredentes
- 4 talladas boas de bacallau desalgado
- 6 patacas
- ½ Kg de xudías verdes
- ½ vaso de aceite de oliva
- 4 dentes de allo
- 2 pólas de perexil
- 1 culler rasa de pemento doce ou picante
- Sal
(máis…)
Dom 22 Nov 2009
Posted by casdeiro under Carnes, Cociña galega
Comentarios desactivados en Callos á Galega
Callos á Galega
Ingredientes
- 1 kg de callos
- 1 man de tenreira
- 1 anaco de touciño
- 2 chourizos
- 2 cebolas
- 1 cabeza de allos
- 1 cravo de especia
- 1 culleradiña de cominos
- Pemento doce
- Pemento picante
- 1/2 Kg. de garavanzos
- 1 porro
- 1 cenoria
(máis…)
Etiquetas: allos, callos, cebolas, cenorias, chourizos, comino, cravos, garvanzos, pemento, porros, terneira, touciño
Ven 20 Nov 2009
Posted by casdeiro under Carnes, Cociña galega
Comentarios desactivados en Rolo de Carne Picada
Receita: Rolo de Carne Picada
Ingredentes
- ¾ Kg. de carne de vitela
- ¼ Kg. de carne de porco
- 1 cebola
- 1 dente de allo
- 1 ovo cru
- 1 chourizo dos da grella
- 2 ovos cocidos
- 100 g. de xamón cocido
- 50 g. de queixo relado
- Perexil ó gusto
- Sal
- Aceite
(máis…)