Refráns Galegos


Festexa-se o dia dos peóns o dia da festa do Santo Patrono da Igrexa de San Martiño, en Noia.

Despois de tocar “Aleluia” o que teña fame que a sacuda.

A vellez non tén cura
e a mocidade pouco dura.

Nunca cabra coxa merques
pensando que sandará.

Vale máis corda vacía
ca ruín mercaduría.

Con augas pasadas
non moen muíños.

Non hai pouco que non chegue
nin moito que non se acabe.

Non é mal xastre
quen coñece o pano.

Contos
non enchen barriga.

Antes a pobreza honrada
que a riqueza roubada.

Páxina seguinte »