Se Deus, que non existe, il existira
e baixara do mundo a esta ancha terra
de doencia e de morte que me aterra
onde habita somentes a Súa ira;

se Deus, que n-é, baixase ó mundo triste,
redondo como bágoa criminal,
pedíralle eu resposta do meu mal
e dos males do mundo en que il insiste.

Como a un nazi culpable o esganaría
por seus crimes de amo vil, cobarde.
Non sei entón o que ise Deus diría.

Mais sei que se me falan de ise dono
da tortura, do lume que en nós arde,
estanme a falar soio dun mal sono.

Fonte: BVG